Sorprendeume un anuncio que vin esta fin de semana na tele. De iogures, de vacas e de granxa galega. O curioso é que é dunha casa de lácteos que adoita facer os seus spots tirando de famosos que nada teñen que ver co produto que se publicita. Pero desta vez optouse por ceder o protagonismo aos que en verdade o teñen: as vacas e quen as coidan. E creo que cun resultado moito máis natural e entrañable. De entre as 700 explotacións que lle envian o leite a marca escolleu esta de Chantada. Clic na vaca!
Nas gandeirías de éxito atopo sempre tres ideas clave: Sensibilidade (a forma de tratar os animais, de entender o traballo con eles...), Formación (ver o que se fai noutras partes do mundo, aprender, aplicar, innovar, perseverar, concursar...) e Valoración ("ser ganadero es lo mismo que ser abogado, médico o ingeniero").
Pareceume xusto. Paréceme que Galicia, os seus gandeiros e as súas vacas con nome merecen máis recoñecementos así. Paréceme que ese animal curioso, sociable, de ollos enormes, longas pestanas, fuciño relamido, orellas ultramóbiles e rumiar tranquilo e sereno, merece neste país outra mirada, outra consideración, un monumento como unha catedral. Pero esa, e mais a miña visión da vaca, é historia (emocional) que contarei outro día. Quizá despois de que chova... Se chove.
Qué bo! paréceme moi ben que ensinen a xente de onde realmente e con moito esforzo, e sobre todo transmitindo cariño, saen os productos Danone.Gústame o que din de que as vacas non son máquinas, son animais os que hai que coidar e dar moito cariño, grazas a elas teñen o leite que lles permite traballar e vivir de-lo. Coma noutra entrada na que falábamos que se traballas no que che gusta, transmítelo e fa-lo moito mellor e con máis razón se traballas con persoas e con animais, sempre con moito cariño e iso é o que vale un potosí! :-)
ResponderEliminar