Sufridos alumnos e exalumnos: hoxe toca Pensamento Crítico. E autocrítico. Porque, como alumno ou como profesor, creo que a EDUCACIÓN pide CAMBIO.
Francesco Tonucci, pedagogo italiano, satirizaba así a escola... en 1970!!
Corenta anos despois, estes 12 minutos de vídeo meten o dedo nos ollos do sistema educativo, e retórceno sen contemplacións, sinalando moitos problemas que nos afectan; que vos afectan. Non digo máis. De partida, unha hipótese inquietante: "A escola mata a creatividade innata dos nenos". Sodes protagonistas. Que pensades?
Se vos gustou, non deixaría correr a posibilidade de ver unha brillante charla (paga a pena, risas incluídas) do mesmo autor, Sir Ken Robinson, AQUÍ.
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por comentar!