05/02/12

Salvados por Sampedro (o sabio, non o santo)

05/02/12

Acaba de cumprir 95 anosPero José Luis Sampedro é unha das mentes máis lúcidas que hai neste país. Cando o escoitas sénteste un privilexiado, e valoras cada palabra coma se fose un segredo que a súa experiencia única e irrepetible che confía. Catedrático de Estrutura Económica, Sampedro é tamén escritor e, ante todo, un humanista: é dicir, alguén preocupado por vivir de acordo cos valores humanos, e comprometido coa súa defensa. Por iso mantén unha postura moi crítica co modo de vida actual, denunciando o capitalismo salvaxe e destrutivo que nos domina, e a decadencia irreversible de Occidente, onde a política, a economía e a relixión funcionan (di el) con pautas do século XV, en vez do século XXI.

O pasado domingo Jordi Évole, do programa "Salvados", co seu desenfado e ironía habituais, foi á súa casa a entrevistalo e preguntarlle pola crise e as preocupacións que temos hoxe en día. E o sabio, regaloulle trece minutos de lucidez absoluta. De aí que hoxe vos traia o vídeo: para que o vexades, escoitedes e xuzguedes por vós mesmos.



E se quedades con ganas de coñecelo mellor (a el e as súas ideas), AQUÍ, podedes asistir a unha auténtica clase de Historia, Economía, Vida... As palabras que transcribo a continuación, adiántannos ante que tipo de profesor e persoa estamos... Bo proveito!

"Para mí en la profesión de enseñante, lo más importante, mucho más aún que la disciplina, era la relación con los chicos. Yo lo basaba todo en Amor y Provocación: A mí me gustaba aquello, yo quería a los chicos, los chicos me querían a mí, y entonces, con el afecto, se trabaja mejor. Y luego, la provocación: para provocarles que piensen por su propia cuenta, que no acepten algo porque lo diga yo, sino porque ellos reconocen que les convence".
Sampedro. Un sabio.

Recibe os contidos no teu correo

4 comentarios

  1. marisa5/2/12

    Realmente o programa de Jordi Évole é un dos poucos que merece a pena ver hoxe en día na televisión, é moi entretenido, éste en concreto como tí dís foi un pracer poder escoitar a Sampedro ¡Que ben fala, cantas cousas interesantes! É unha de ésas persoas que estarías escoitando durante moito tempo sen cansarte e da cal se aprendería moito, por certo, que como tá empezando o programa de este domingo ¡¡¡non o perdo!!! adéus.

    ResponderEliminar
  2. Sinto auténtica devoción por estes velliños sabios. Sampedro, Saramago, Díaz Pardo, Delibes... Tiñamos que facer un banco de coñecemento con todo o que saben da vida, antes de que se nos fosen. Ese si sería un banco valioso...

    ResponderEliminar
  3. Asun5/2/12

    "Con el afecto se trabaja mejor", di Sampedro. Non só en educación senón en todos os ámbitos da nosa vida deberíamos aplicalo.
    Recoméndovos a súa novela "La sonrisa etrusca", novela invadida pola tenrura de Bruno e do seu avó, quen lle intenta trasmitir o seu amor pola vida. Non a perdades!

    ResponderEliminar
  4. Sandra10/2/12

    Qué certo é: "con el afecto se trabaja mejor", trabállase, estudiase, vivese, etc.
    Dá gusto escoitalo e sería un pracer coñecelo. Ogallá poidamos desfrutar da súa sabiduría moito tempo máis. E estou con Marisa, o programa Salvados e dos poucos que se salvan na tv: interesante e intelixente.

    Ah! e este fin de semana collo "La sonrisa etrusca", ten unha pinta estupenda!! Grazas Asun por recomendalo!!Xa vos contarei!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK