Ruge el viento. El mar golpea los acantilados. Dos metros de roca, ésa es la franja de agua y oxígeno en la que crece el percebe. Dos metros donde el mar se ensaña, donde bate con fuerza milenaria. Una frontera de olas y espuma en la que Serxo y sus compañeros luchan por un bocado de mar. Una frontera de valor y miedo. De temeridad y sentido común. Dos metros sin margen de error. Ahí vive el percebe. Ahí vive Serxo. Percebeiros es la batalla contra el mar de unos guerreros que no se consideran héroes.
David Beriain
Onte entregáronse os Goya, nos que esta curta documental quedou preseleccionada. Non gañou o premio, pero si a admiración de todos os que a vemos. Admiro que apenas 11 minutos basten para contarnos tan ben unha historia de vida e morte en torno ao mar, nun lugar xustamente chamado Costa da Morte. Admiro a valentía, dignidade e lucidez duns homes e mulleres que saben moi ben a que se dedican e entenden que un día pode ser o último. Admiro ese mar enorme, salvaxe e perigoso, que desde os tempos de Odiseo nos tenta e nos mata a partes iguais para recordarnos o pequenos e indefensos que somos ante a natureza. Admiro, en fin, a beleza das historias ben contadas. E esta, ademais, sabe a loita, a mar e a Galicia.
O primeiro: estou súper contenta porque onte nas dúas nominacións que tiña "Arrugas", saliu vencedora!! e alégrome tanto, porque merecíano!!!!
ResponderEliminarBueno, nesta curtametraxe teño sensancións diferentes: gústame, impresióname.Encántame o que di o protagonista: " non somos héroes, os héroes son as mulleres.. que fan todo e non cobran.. e paren tío!!". E o de: "non hai que ser temerario, de valientes está o cementerio cheo". A verdade é que é admirable, sí que se gañan o pan día a día, pero por outra parte a min sí que me parece temeraria esta profesión, moito, pero tamén entendo que como Serxo dicía: eles sin o mar non viven, é a súa profesión , a que se dedican porque lles gusta, senón non arriscarían a súas vidas dese xeito.Gustoume moito a sinceridade do protagonista e as imaxes son impresionantes, cando o mar case os cubre completamente...naiciña!! non me estrañan que queden temblando!
Aínda que non gañaran onte, penso que estar preseleccionada xa é un premio!
Eu sempre fun mais de centollas e vieiras.
ResponderEliminar( Un apunte gastronónico subxetivo que non ven o caso, pero que quería aclarar.)
Con todo, como bo galego criado no rural; entre sachos, pitas, grans de millo, e matanzas de porco, defenderei sempre todo o que sexa sinónimo de Galicia, e moi pouquiñas cousas son mais galegas cun percebe do Roncudo.
"Os heroes son as mulleres", estou dacordo, pero atendendo o que conta o documental, persoalmente sinto moita vergoña por queixarme, a maioria das veces, "de vicio" das pequenas ingratitudes do día a día do meu traballo, por exemplo.
Porque xa adianto que se de min dependese acordar un menú para invitarvos a cear unha noite, nada de percebes amiguiños, eh; un par de ovos esmagados con pan de millo pra cada un e ¡ale! boas noites.
Indiana Jones ou 007 mollarian os pantalons de medo, antes de facer a metade das piruetas que eses homes fan no mar a diario, e o peor do conto e que o noso valente protagonista, comenta: "son caros, porque claro (...), cóllelos ¡mandatruco!", pero seguro que tristemente a él o seu peto, non lle llegan nen un corenta por cento do prezo final que cobran nos mercados, e os que mais se lucran e os que sacan mais tallada dos arrestos de toda esa xente, son os catro de sempre.
Noutro orden de cousas, anoto de novo aquí, na miña axenda de tarefas pendentes, o visionado de "Arrugas", que xa recomendaches noutra entrada deste blog e que animado polos comentarios agora de Sandra e polo Goya da academia, non podo deixar de ver.
¡ A mais ver!
Saudos.
Hai neses 11 minutos frases absolutamente memorables, como as que citades: "héroes son as mulleres (e paren, tío!)", "de valentes está o cementerio cheo", "son caros porque, claro, collelos, manda truco"... Son memorables non so polas palabras, senón tamén polo tono en que son pronunciadas.
ResponderEliminarPero, ¿por que nos gusta este home? Sandra fala de sinceridade. Jorge de valentía. Para min:
1, porque é sinxelo. Fala e fai grandes cousas sen alardeos. É un peón valeroso como unha reina, pero que atopa suficiente dignidade no que xa é (e non no que podería ser).
2, porque é quen de recoñecer noutros máis valor que o que ve nel mesmo. É humilde e honesto.
3, polo pouso de amargura que lle dá a lucidez: sabe cal é o seu oficio, sabe como o viven (sofren) os que o queren, coñece á perfección a estreita e perigosa liña de mar e aire que cada día o separa dun derradeiro paseo na barca de Caronte... a pesar do cal, sae.
Gústame, porque é un héroe. Non ten capa e espada; pero si eses dignos valores, e ese modo sabio e amargo de ver as cousas.
Honor, Deber, Gloria. O noso percebeiro ¿é un espartano?
"AHÚ AHÚ AHÚ" "espartanooosss...."" (jajajaja) Non sei se estará ben escrito e descrito...
ResponderEliminarEstou de acordo contigo Miguel en como describes a Serxo, ademais paréceme que unha das cousas máis importantes nunha persoa que vale moito e que fai as cousas ben é ser humilde e sinxelo. Porque cando alguén vale non ten nada que presumir, xa o demostra día a día e sendo humilde e sinxelo, multiplica as súas cualidades.
Por exemplo, ves moitos casos distintos nos deportistas, a min caéme moi ben Rafa Nadal, paréceme que é un pedazo tenista e ademais un tío humilde e isto faino "grande" como a Serxo.