31/01/12

De amor se vive

31/01/12

Aínda estou pampo. Un neno ¡de 11 anos! explica ante a cámara que pensa do amor, do sexo, da guerra, da escola, dos adultos, da felicidade... Rumia e rumia no seu chicle, mentres vai expoñendo o seu modo de ver a vida cunha precocidade que dá medo, e unha franqueza que impresiona ata a incomodidade. Acabas, e non sabes que pensar. Non sei se é un xenio... ou un fillo de Telecinco. Pero o que máis me descoloca é o ano que corría: 1982!

Que pensades vós? (Socorro! Debate!)


Extraído da peli documental "De amor se vive",
de Silvano Agosti.

Recibe os contidos no teu correo

14 comentarios

  1. Nerea1/2/12

    Desde que rematei de ver o vídeo anda unha pregunta rondando a miña cabeza: de verdade chegaremos a ser felices algún día ca vida que se leva hoxe en día? Gustaríame ser nena sempre, ter inocencia, e ver as cousas dende un punto de vista diferente.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Nerea!
    Comparto asombro e interrogantes contigo... Faise difícil pestañear mentres un asiste ás explicacións deste neno. Xa non é o que pense, e o libre que pareza, senón como é capaz de expresarse. O modo que ten de mirar ao seu interlocutor e preguntarlle se o segue, os temas que trata, ou a frase que lle di ao remate do vídeo, fixéronme revolverme incómodo no asento...

    Porque... pensade antes de responder_
    Gustaríavos que este fose o voso fillo?

    PD: grazas á conversa con Nerea no Twitter, saiu a posibilidade de ver a cinta enteira, con entrevistas sobre a vida a unha mamá, un transexual, unha prostituta... Podesdes DESCARGAR ENTEIRO O DOCUMENTAL aquí:
    http://elcineitaliano.blogspot.com/2011/07/d-amore-si-vive-silvano-agosti-1984.html

    ResponderEliminar
  3. Javier F. Abraira2/2/12

    Agora entendo porque os italianos nos rouban sempre as mulleres.

    ResponderEliminar
  4. Nerea2/2/12

    Despois de moito pensar, cheguei a conclusión de que non me importaría que ese neno fora meu fillo! Nese momento ao mellor sufría un pouco pola súa capacida de expresarse e polo seu modo de entender a vida pero nun futuro sentiríame moi orgullosa del! Digo esto pensando na época na que eu vivo, supoño que naqueles anos era máis difícil de entender que un neno de 11 anos chegara a esas conclusións!

    ResponderEliminar
  5. Javier: desde logo! Agora ben, me parece que este neno ten aínda máis labia que o 95% dos italianos... Terá un avó psicólogo e arxentino?

    Nerea: es unha valente!
    Eu debátome entre dúas ideas. Por unha parte vexo moita liberdade no neno, e iso é algo que o fai diferente; dá a sensación de que tivera ideas propias e razonadas por el mesmo. Vese un neno intelixente, capaz de verbalizar sentimentos, e de criticar razonadamente ao mundo dos adultos tal e como el o ve (un mundo dominado pola malicia, "coma ti" que lle espeta ao entrevistador). De todo o que di, habendo moito onde elixir, creo que o que máis me gusta é a súa opinión sobre a guerra das Malvinas... "una guerra... ESTÚPIDA: yo hubiera dicho una isla para ti otra para mí".
    Por outra parte, véxoo radicalmente preocupado pola busca dos praceres da vida que... curiosamente, el ve en non facer nada. E pregúntome se alguén se preocupou de ensinarlle que para vivir ben a vida son necesarios tamén certos valores, como o do esforzo. Se alguén lle dixo que esta postal que el imaxina correspóndese con momentos illados da vida, pero NON é, nin moito menos, a vida do común das persoas. Pregúntome se foi educado (entendendo por educar informar dos límites, das responsabilidades, saber dicir non...) ou se foi deixado ao seu albedrío para que el so experimentase os seus límites...

    Por iso digo que non sei que pensar. É difícil valoralo xustamente e posicionarse, pero o que teño claro é que, dun modo ou outro, é un vídeo marabillosamente polémico. Que nos fai pensar. E se hai algo importante na vida, aparte de saber vivila, é precisamente aprender a pensar.

    ResponderEliminar
  6. Nerea3/2/12

    No da guerra das Maldivas tamén me fixei eu. Penso que si que sabe que non todo é bon porque cando fala da escola, recoñece que hai que estudar.

    ResponderEliminar
  7. marisa5/2/12

    Pois eu tamèn me sentín un pouco incómoda no primeiro momento pero ahora despois de volver a escoitalo penso que me sentiría moi orgullosa se fora o meu fillo, porque me parece que para ser un neno fala moi ben,ademais na época en que o fixo, fai trinta anos ¡con moito desparpaxo! e que bó sería que referente o que dí da guerra todos pensaran coma él así non haberìa ningunha.

    ResponderEliminar
  8. Tes razón Marisa, en que, canto máis o vemos, vémolo mellor. E tes razón Nerea en que, ao falar da escola, hai un momento no que recoñece que debe servir para estudar...

    Curiosamente, trinta anos despois, ese conflito que menciona (e do que tanto nos gusta a todos a súa opinión) entre Reino Unido e Arxentina polas illas Malvinas volve a estar en plena efervescencia.

    Hoxe este neno tería corenta anos, e pregúntome que sería del... E sabedes que vos digo? Que oxalá loitase ben por ese soño. Que oxalá gañase, a base de ideas, traballo e mérito persoal, esa casa no campo e esa parella coa que compartir a piscina, a ducha ("ela a min, e eu a ela"), a tele, as noites e toda unha vida. Oxalá.

    ResponderEliminar
  9. vitoria6/2/12

    Ola!
    Eu tiven moito tempo para reflexionar:
    A vida é unha ocasión para o experimento, e se nos otorga sen “instrucións de uso”, creo que ós adultos nos incomoda que ó neno da película non lle faga falta o noso manual, e que mesmo o desprece!

    Por suposto que hoxe este neno terá 40 anos e Cronos, ese descabezador de belezas terá feito o seu traballo!

    ResponderEliminar
  10. Estou de acordo... Incomoda, desconcerta, obriga a someter a crítica o noso propio pensamento: ¿Terei eu tamén malicia como me fai ver este maldito "diabolo"? ¿Estou dando as costas acaso ao neno que aínda levo aquí dentro?

    Nunha ocasión, oín dicir a alguén que a vida é un constante proceso de perdas... Non estaría de máis un novo documental: entrevistar a unha mesma persoa nas distintas etapas da súa vida (nenez, adolescencia, xuventude, madurez, vellez). Para entender así o que somos. Para aprender a vivir ese proceso de perdas. Para saber máis e mellor acerca de como outros viron o que nos agarda. Para honrar a Cronos e (aquí vou ao meu...) saber recibir a Caronte. Serenos, maduros e sen aspaventos.

    ResponderEliminar
  11. Marcela7/2/12

    Realmente, o "coma ti" final, refírese ao entrevistador, ou é unha maneira que o director ten de facernos reflexionar, despertandonos desta forma errónea que temos e que adoptemos a forma inocente deste neno?

    ResponderEliminar
  12. Ola Marcela. Boa pregunta.

    Vexo a este neno moi capaz de pensar algo así... Pero supoño que si: é probable que o director poida estar perfectamente detrás dese "coma ti", que fai as veces de dedo na chaga.

    Non sei se vos pasou, pero a primeira vez que o vin pregunteime se non habería todo un guión detrás. Conforme pasan os minutos, acabas descartándoo: primeiro porque sería un actor incriblemente bo, e segundo porque non vexo aos adultos capaz de idear un guión así. Teríase que ter moita... malicia?

    ResponderEliminar
  13. Marcela11/2/12

    Quizáis teñas razón. En caso de que houbese un guión, contestaría ás preguntas primeiro coas ideas principais (evitando así que se lle esquezan) e logo explicaríaas un pouco. Como no caso da escola: primeiro diría que está mal organizada e logo explicaría por qué.En cambio, faino ao revés, pero tal vez a malicia da que fala que agora invade as nosas mentes non me impida desconfiar.

    ResponderEliminar
  14. Logo, só podo dicir unha cousa:
    Maliciosa!

    Entendo as reticencias. Conforme medramos, o mundo (feito de nós) ensínanos a necesidade de ser escépticos... especialmente ante todo o que teña que ver con nós.

    O máis malicioso de que a túa hipótese fose certa, sería descubrir que incluso o discurso máis sorpredente e subversivo é un mero produto, unha vez máis, da nosa malicia...

    De confirmarse, non sorprendería, pero mancaría...

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK