Saltar ao contido principal

A historia de Shoco

Falando de galgos... Onte vin na tele algo que me gustou especialmente. Trátase da triste historia de Shoco. Unha historia que, grazas a Galgos 112 e a César Millán, ten un final feliz, á altura dun can así.

Comentarios

  1. Sandra3/12/11

    Buf!! caenme as lágrimas e teño un nó no estómago.Qué emocionante!! qué GRANDE! precioso programa e grande asociación! Dá gusto ver que existe boa xente, con nobles sentimentos e sensibilidade. Ogallá Choco e todos os animais deste mundo sexan felices,meréceno! E dende agora non me perdo este programa!

    ResponderEliminar
  2. Os do vídeo son minutos doces, e a verdade é que de cando en vez tamén fan falla...
    Pero en realidade teríame gustado amosarvos os dez minutos previos a estas imaxes que se ven no vídeo, cando van pasando pola pantalla as descarnadas imaxes de galgos afogados en pozos, mutilados, calcinados ou aforcados (a pares) nas ramas dunha árbore.
    Así somos. Indignos como ningunha outra especie do planeta.

    ResponderEliminar
  3. Moi bo video e historia... sobretodo emotiva, que invita a reflexión. E como non! Cesar Millan...o Einstein moderno dos cans jajaja Cantos capitulos non teno visto eu dos programas de este home! Un home que trata aos cans mellor que os humanos e axudandoos a sair dos seus medos e das suas crises.
    É vergonzoso que haxa xente que maltrate animais, tanto fisica como emocionalmente.

    Pero...como ven sabedes, noutras culturas comense os cans e para eles os cans son como para nos os cochos, crialos e matalos para alimento. Esa xente realmente e indigna? somos nos tan indignos como eles? nuns paises é ilegal comer cans e é legal porcos, acaso os porcos non gozan de sensibilidade como os cans?

    En fin...cando se xunta o instinto animal e a sensibilidade xurden as dudas. jeje

    ResponderEliminar
  4. Pois si, somos indignos. Dos cans, e dos demais.
    O que pasa é que unha cousa é matar coa escusa (discutible) de comer, e outra ben distinta por puro pracer (coma no caso dos galgos, os touros...).
    Totalmente de acordo co dos cochos. E como o lea Sandra (outra amiga que de vez en cando se deixa caer por estas moedas), faise fan e xa temos montada a Asociación "Xustiza para os cochos". Fóra bromas, hoxe mesmo, o informativo de TVE emitiu unha noticia na que se denuncia o terrible maltrato que reciben os animais en xeral nos matadoiros, onde matar e facer sufrir non parecen ter distinción ningunha para nós. Teño visto un documental arrepiante que non me atrevín a colgar no blog. Tan duro, que me fai sentir culpable de non ser vexetariano.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!