Saltar ao contido principal

Aprender dos nenos: Compartir

Hoxe comparto un vídeo que me fixo sorrir (ao principio), e pensar en vós. No moito que se aprende dos nenos, ata que deixan de selo. E no necesario que sería non esquecer nunca como se sente un séndoo.


Un vídeo intelixente e amable. Pero que esconde algo terrible e do que ti e máis eu fuximos continuamente porque non somos capaces de aguantarlles a mirada nin dous míseros segundos. De pura vergoña. Falos dos máis de 55 millóns de nenos (volvede a ler a cifra) que non puideron comer nada hoxe, e que tampouco van cear. Igual cá onte. Nenos que choran todo o día, de pura e incomprensible dor de estómago. Nenos aos que súas nais, rotas de debilidade, inxustiza e impotencia, só poderán ofrecer algunha galleta. Galletas feitas de area, apenas mesturada con algo de graxa vexetal. Para enganar ao estómago. So por uns días... 

Que vos aproveite. Que nos aproveite a todos.

Comentarios

  1. Non só sorrín, senon que me emocionei de verdad, que ternura e que sinxelo é todo para os nenos.
    Gracias por compartilo!

    Candela (de Meira, non sei se te acordarás de min).

    Por certo, encántame o de "o teu comentario vale un Potosí", unha das grandes frases de Marisa.

    ResponderEliminar
  2. Sandra26/10/11

    Eu tamén sorrín e lembreime desa entrada dos nenos futbolistas que aínda ganando,déronlle o trofeo os seus rivais porque o merecían máis que eles porque xogaran mellor.Pero é certo que a sorrisa desvaécese o pensar en todos esos nenos sen comida, enfermos, sen recursos.Hai que loitar por un mundo mellor, hai que loitar para vencer tanta inxustiza cos nenos, cos maiores, cos animais, coa natureza, hai moito que loitar...moito.

    ResponderEliminar
  3. Ola Candela! Por suposto que me acordo. Grazas por botar un ollo, e sobre todo polo teu comentario.
    É un pracer que de vez en cando vos deixedes caer por algunhas das moedas que nos preparan para Caronte.
    Nunca lle escoitara iso a Marisa. Debe ser máis ben unha das grandes frases dos profes de Historia (ti tamén caerás...).
    Unha aperta.

    Sandra: recordoume moito ao vídeo do equipo de nenos que xogaban nunha liga de fútbol e perdían todos os partidos. Lembrádesvos?: http://moedasparacaronte.blogspot.com/2011/08/e-se-un-dia-marco-un-gol-sairia-voando.html

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...