Saltar ao contido principal

Rock in the School

Os cursos hai que empezalos ben, con ganas e moita enerxía. Vós, e nós. Este ano estarei no IES de Vilalonga, en Sanxenxo, e tócame facer quilómetros. Así que tiraremos de Ramones, Scream, ou do que toque (admítense suxerencias musicais) para chegar como hai que chegar a clase. Como Rainer en La Ola... Lembrádesvos? 
Clic na imaxe!


Moito ánimo, traballo e sorte para todos nesta Ola que empeza o luns!

Comentarios

  1. Nerea16/9/11

    Ánimo e sorte para ti tamén!!
    Espero que a Ola que comeza o luns teña un final distinto co da película!!

    ResponderEliminar
  2. Sandra16/9/11

    "Runaway" de Bon Jovi!!!!enerxía para comezar o día!!e o novo curso ou o que se nos poña por diante!! ÁNIMO A TOD@S E MOITÍSIMA SORTE!!!!

    ResponderEliminar
  3. Grazas mozas. Con Runaway ou o que sexa, eu tamén espero que a Ola que comeza o luns teña un final distinto ao da peli! (Nerea, non lles deas ideas a estes caníbales!).

    ResponderEliminar
  4. elvira18/9/11

    Sorte Miguel, botaremoste de menos por aqui.

    ResponderEliminar
  5. Grazas Elvira. E eu a vós, sen dúbida. Verémonos pronto! Ánimo e un abrazo grande.

    ResponderEliminar
  6. Andrea Ledo19/9/11

    Miguel! bueno, anque non estés este ano, espero seguir podendo ver os vídeos explicativos do intrépido D.Miguel que se cola na boca do lobo para ofrecernos as mellores grabacións! moita sorte en todo, e, algún día, pásate por aquí!

    ResponderEliminar
  7. Conta con eses "intrépidos" vídeos, Andrea. Xa hai tempo que non cae ningún...
    Sorte a ti tamén, e a ver se podo facer esa visita pronto!

    ResponderEliminar
  8. School Out!! de Alice Cooper, jeje, perfecta para a ocasión, e tamén I Love Rock n´Roll de Joan Jett.
    Espero esa visita ansioso, pero avisa con antelación...tamen continuo esperando a que vexas ''Érase una vez América''...

    ResponderEliminar
  9. Boas propostas as dúas (con predilección polo clásico de Joan Jett). Acordareime cando sonen!
    Menos mal que me lembras o título da película, porque esquecérame de vela.
    Por Meira irei pronto, espero. Polo instituto, un día en que vós teñades clase e eu non (máis difícil). Xa aviso cando pase!

    ResponderEliminar
  10. Antón22/9/11

    Como pra esquecerse desta película, Miguel!! jaja por certo, e é persoal, master of pupetts levanta ánimos! jajaj

    ResponderEliminar
  11. Bueeeno, Antón! Vaia se os levanta! Que imos dicir de Master of Puppets... A estas alturas! Eu creo que é a canción que máis escoitei na miña vida. Imposible aburrirse dela. E menos tocándoa á batería... non?

    ResponderEliminar
  12. Antón23/9/11

    Jajaja, tocándoa na batería moito menos, tes razón!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...