Hoxe é venres. Bo día (boa noite) para concederse por fin dúas horiñas de cine como está mandado. Así que, se vos fai, tráiovos unha proposta. Diferente. Orixinal. Que non esperades. E de paso, moi real.
Porque El hombre de al lado (ficha AQUÍ) vaivos golpear en seco coa súa rabiosa orixinalidade desde a primeira secuencia: un martelo enorme rompendo unha parede, en busca dun "rayito del sol que te sobra"... Que que hai ao outro lado? Sorpresa! Nada menos que a Casa Curuchet, a única vivenda que o artista Le Courbusier construiu en América. A partir de aí, conflito total: porque ese muro non divide só dúas casas, senón dúas persoas completamente opostas, na forma de vestir, de falar, de pensar, de vivir... E é que non podemos elixir ao noso veciño... E algúns dan medo (un exemplo, AQUÍ). Así que, de que lado estás ti?
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por comentar!