11/08/11

Réquiem por un sueño

11/08/11


Ollo a navegantes. Facía moito tempo, moitísimo, que non vía unha película tan potente, intensa, perturbardora, e didacticamente destrutiva. Desas que te deixan exhausto. E enriba, de premio, cunha banda sonora redonda e inesquecible (clic na imaxe para escoitar), que se fusiona coa película como se fosen un mesmo produto, e que  axuda como ningunha á escalada de tensión da historia. Unha escalada de vértigo, cuns vinte minutos finais que son unha auténtica caída libre: un túnel dos horrores polo que a peli te conduce a toda máquina, co pulso acelerado e obrigándote a buscar aire aos lados. Pero sen poder apartar a mirada. Ao remate sénteste destrozado e paralizado, absolutamente tocado, buscando na pel as cicatrices dunha historia e un desenlace brutais. Como non podía ser doutro xeito.

Entón ¿é unha peli de medo? Para nada. Peor. É unha peli sobre as drogas (ficha, AQUÍ). É unha peli sobre os soños (iso que todos temos, e que rara vez alcanzamos) e o camiño máis corto para chegar a eles. É unha peli sobre unha sociedade enferma, yonki de todo aquelo que promete artificiosa felicidade pola vía rápida. Unha peli que deixa a Trainspotting moi atrás, non só na historia senón no modo de contala. Visualmente diferente, creativa, arriscada, orixinal, impactante. Das que gusta ata aos meus amigos de GangFilms. Dramática e fermosa a un tempo.

Atrevédevos a vela, se tendes curiosidade e... un par. Non soportaredes ver unha droga nin en pintura.

Recibe os contidos no teu correo

9 comentarios

  1. Esta noite intentarei vela que xa a teño pendente dende fai moito tempo.
    Por certo Miguel, o día 16 deste mes, polas festas, van poñer ''Jimi Jackson'' na casa da cultura, sobre as 8 da tarde máis ou menos...espérote ali.

    ResponderEliminar
  2. Feliz chute de cine esta noite!
    Este ano non estou en Meira para as festas, así que vou quedar coa maldita incógnita de como remata a historia. Hai trailer para Jimi Jackson?

    ResponderEliminar
  3. Martinha11/8/11

    Aaaaaai..q me acaba de matar isto -.-. E q xusto estaba pensando en escoitar ou non a bso desta peli cando entrei aquí. Bueno, nn penso nela demasiado a miúdo, pero sí ás veces, así que tampouco será tan extraño jaj

    Vin a peli fai uns meses.., un día pouco axeitado por certo. Supoño q é un pouco perturbadora, aunque tampouco tanto; bueno, recordo un momento algo crítico cara ao final (creo -cando se van solapando seguido as imaxes dos distintos personaxes... cada cal peor!); pero pensei q me ía resultar máis dura. O q sí me fixo dano foi a música... nn sei, metéuseme na cabeza, e despois... andaba por aí -.- jaja; e por iso ás veces volvo a ela, aínda que sexa pouco prudente... (acórdaste do de escoitar cousas para baixar a un suposto fondo e subir desde aí?)

    ResponderEliminar
  4. Acórdome, acórdome! Tamén se me quedou na cabeza, dando voltas, ese curioso costume teu.
    A banda sonora de Kronos Quartet ten esa innegable virtude: pégase a un como unha carracha. Pero unha carracha das boas.

    ResponderEliminar
  5. Antón Alonso12/8/11

    "La fuerza de Sara, la fuerza de Sara, la fuerza de Sara, ooohhhhh Sara, Sara, Sara!!! Sara tiene fuerza, Sara tiene fuerza, oooohhh Saraaa!!!!!"
    Increible, con mil detalles inexistentes ao primer visionado, por exemplo, a comparación da televisión da nai, que cada vez é máis grande, como a súa adicción.

    ResponderEliminar
  6. Moi bo comentario o que dis da tele da nai, Antón! Eu non me quedara co tema da comparación entre a tele e adicción, pero o que pensei foi que tendo unha tele moi boa e moi grande, ela era proporcionalmente máis infeliz que ao principio da película.

    ResponderEliminar
  7. Antón Alonso12/8/11

    Pois con iso tampouco me quedara eu! jaja A primeira vez que a vin, paseime todo o día superdeprimido, os últimos 20 minutos consiguen que te sintas así. Que locura de peli!

    ResponderEliminar
  8. Sandra12/8/11

    Teño curiosidade e un pouco de medo,non sei si ve-la ou quedarme coas ganas...penso que gañará a primeira opción,pero ten que ser un día que esté preparada polo que se ve.

    ResponderEliminar
  9. Malva13/8/11

    ''Réquiem por un sueño'' tívome traumatizada tres días...que depresión, e que boa para apreciar as cousas boas da vida.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK