O periódico encargou a Apolo (un personaxe infantil creado pola periodista Emma Reverter e a debuxante Màriam Ben-Arab) un retrato da poboación Indignada en España, para a súa revista dominical El País Semanal. E Apolo, hábil, fino, sen pelos na lingua, preséntanolo. Como se o seu caderno fose un espello desta sociedade penosamente castigada pola ditadura dos mercados, en cada folla atopamos personaxes tristes, con olleiros no rostro, cansos e desesperanzados... heroes sen capa e da vida corrente (formados, intelixentes, cumplidores) reducidos a vulgares marionetas dun poder que, demasiadas veces, resulta repugnante e indigno. Porque non é o mesmo Indigno que Indignado...
“ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por comentar!