Saltar ao contido principal

Momentos Selectivos (para vitaminarse)

Supoño que vós tamén tedes a vosa canción-himno particular. Un tema musical de elección propia, deses aos que volver cando precisas unha carga de enerxía extra (como antes dunha Selectividade), ou nesas ocasións nas que, polo que sexa, necesitas algo que te reconcilie coa vida. A miña elección fíxena hai algo máis de quince anos, cando estaba no instituto, coma vós. E desde entón ata hoxe, aínda que eu e os meus gustos variáramos, sempre estivo aí, cumprindo profesionalmente o cometido que aquel día lle encarguei: inmutable, optimista, vitamínica, dura, implacable... metálica. Esta é a miña elección... E a vosa?


Selectivistas: A por todas!

Comentarios

  1. miriam7/6/11

    Eu tamén atopei unha forma de escape na música heavy. Antes costabame máis superar as cousas pero grazas a Denís, que foi quen me amosou este mundo, agora tamén escoito este tipo de música sobretodo cando estou extresada cos exames ou simplemente me sinto mal por algo que me ocorreu durante o día. Esta canción de metallica xa a tiña escoitado e realmente axuda. Grazas por aconsellala, sobre todo nestes días que todos andamos con unha morea de exames!

    ResponderEliminar
  2. De nada, Miriam! Todo mérito de Metallica (e de Denís). Ademais de neste estilo, eu atopo moitas cancións reparadoras entre as bandas sonoras das películas. Coñeces a de "Amélie"? Un día podo poñérvola aquí.
    Tamén me gustaría que MALVA ou MARTINHA, que son unhas cracks do piano, nos deixaran aquí algún tema que elas consideren especial. Gustaríame saber máis de música clásica.
    Que faríamos sen música!

    ResponderEliminar
  3. Nerea7/6/11

    Miguel, Amelie a película ou súa banda sonora?
    A película é preciosa!!
    E creo que sen música seríamos menos sociais e máis cerrados, non sei creo que nos custaría moito máis expresar o que sentimos.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo7/6/11

    "Livin on a prayer" de Bon Jovi ou "Runaway".Escoitásteis a "Adele"?"someone like you",é impresionante!os pelos de punta.Hai tantas!qué faríamos sen música?Eu a de Amelie,unha delas,téñoa de despertador no móvil,suave,alegre,para espertar con tranquilidade e sen enfadarme,jejeje!así que cada canción ten o seu momento,se quero bailar. Ráfaga!!!jajajaja!,teño unha lista interminable!!SORTE A TOD@S COS EXAMES E..(como dicían na canle CATRO)...PODEMOS!!!!axudádevos coa música!sm

    ResponderEliminar
  5. miriam7/6/11

    Non...a de Amélie nunca a escoitei pero gustaríame facelo, asi que se un día a pos, por suposto que a escoitarei.
    Sen a música...pois coincido con Nerea,porque ao existir tanta variedade,case diría que hai unha canción para cada momento e estado de ánimo.

    ResponderEliminar
  6. Nerea: Amelie, a peli e a banda sonora. As dúas, porque sería incapaz de dicir que me gusta máis. Pero do que si son capaz é de escoitar a música e sentir que estou vendo a peli. Coincido cointigo no que dis da música, e véxoo tamén no cine e nos libros.

    Miriam: o prometido é debeda. A partir do venres, súbovos unha canción de Amélie en entrada propia. Co selectivo acabado, parece unha boa axuda para volver á calma. Xa me contarás.

    Anónimo: un nome precioso! :D Os temas elixidos delátante, xuana!

    ResponderEliminar
  7. Confeso que es cancións que normalmente utilizo para desestresarme ou cando me sinto mal son:

    Hammer smashed face, I cum blood e Make them suffer de Cannibal Corpse
    Oblibious to evil e When satan rules his world de Deicide
    Arise, Dead embryonic cells e Inner self de Sepultura
    Angel of death, reining blood e South of heaven de Slayer

    Aviso! son extremadamente brutales! jajaja
    Non me fago cargo de efectos secundarios causados por esta lista.

    Estas cancións absorvenme calquera extres e cousas desas que xa non conozco.

    ResponderEliminar
  8. eu non vou decir que me gusta toda clase de música pero case toda, e a verdade é que me axuda moito en moitas ocasións, cando estou triste, estresada, e tamén porque non, cando estou leda, case diría que non podría vivir sen ela, non vos podo dar unha canción en concreto, porque como digo, teño moitas que me gustan, é ademais é algo que sinto desde ben pequena.

    ResponderEliminar
  9. Andrea Ledo11/6/11

    Moi moi boa canción Miguel! A min esta música axudoume a medrar como persoa, a comprender outras partes da vida, creo que é o único xénero musical cuxas letras son atrevidas, críticas e sobre todo, identifican ás persoas, ou polo menos a min vaia. Se teño que escoller un grupo, quedo con Iron Maiden e o seu "Fear of the dark", que cada día que a escoito máis me gusta, ou cancións que tratan temas de guerra como "aces high" ou "the trooper".

    ResponderEliminar
  10. Denís: gustoume iso do estrés e cousas desas que xa non coñeces, grazas a esta música. Agora mesmo, mentres tecleo, escoito a Cannibal Corpse. Tes razón: son extremadamente brutales.

    Mlp: sempre hai unha música para cada momento ou fase de ánimo. Están aí, só hai que saber atopalas... ou recuperalas.

    Andrea: Comparto ese gusto por Iron Maiden. Coñeces "The number of the beast" ou "Afraid to shoot strangers"?

    ResponderEliminar
  11. Marinha13/6/11

    Gracias polo de "cracks", pero creo q (polo menos no meu caso) me queda bastante grande; tendo en conta, máis q nada, a relación de amor-odio que gardo co piano...
    Sobre o q estabades falando.. Cando necesito "reconciliarme coa vida" a maioría das veces (non sempre..) escoito cousas que me "baixan" aínda máis.. para chegar a un suposto "fondo" e, desde aí, comezar a "subir".. (nn sei se me explico jaja) Cancións "especiais"? Unha morea…
    Pero vou deixar iso a un lado e cumplir, xa que logo, co meu cometido.. deixarvos aquí algo desa música “clásica”. Agora mesmo, pensando en “Malva” ocórreseme, por exemplo, http://www.youtube.com/watch?v=l0a0FsvKcnw (un deses famosos –e fermosos- nocturnos de Chopin) ou , http://www.youtube.com/watch?v=lW0K95WAFG8 (dos meses en q tiven o pracer de darlle clase! Ese Debussy q crea tantos ambientes e tantas cores coa súa música); pero imaxino q cando pase ela por aquí vos poderá ofrecer algo que lle resulte realmente especial… No meu caso, por exemplo, marcoume bastante unha obra que toquei fai uns 4 anos, por me lembrar un tempo no que penso no piano recordándoo con cariño http://www.youtube.com/watch?v=Y4XEPdYO5mM (a parte central é tremenda… para volver despois a unha suposta calma..a música parece q remata e, ao mesmo tempo, non dá rematado, retrasando un final que, claro está, acaba chegando.. ) ou http://www.youtube.com/watch?v=Tghjy8V3c_Q algo q me marcou, quizáis, polo contrario! Ao deixalo inconcluso fai uns meses, (por un par de carillas); para cerrar a tapa do piano! Espero q non tarde demasiado en volver abrirse.. É preciosa a parte que comeza no minuto 1:18.. despois, mentres segue esta mesma melodía, xorde outra que se lle superpón (minuto 1:46) e… volta ao tema do comezo (mentres vai cambiando o ritmo de novo, pouco a pouco).. ;)

    Aí che queda algunha obra pianística Miguel.. espero q isto che sirva, como ti decías, para comezar a coñecer un pouquiño máis desta música! outro día que volva por aquí a ver si che deixo algunha outra cousa q considero, quizábeis, máis especial ;)

    ResponderEliminar
  12. Marta, que bonito e curioso iso de escoitar cousas que che serven para baixar ao fondo, antes de buscar a subida...
    Moitísimas grazas polos temas que nos propós. Teño (coma ti) que administrar estas moedas. Xa sabes, ao haber catro (nada menos) en circulación hai certo risco de inflación... De momento, sona Chopin: triste, melancólico.. pero ás veces case iracundo... gústame a pausa e reinicio do minuto 2.46

    ResponderEliminar
  13. Martinha18/6/11

    Non me extraña que che guste ese reinicio! A reexposición (ou un amago dela) sempre resulta un respiro e (entre outras cousas) é a encargada, en moitas pezas, de aportar ese equilibrio necesario para o "edificio musical"

    Paréceme ben que as administres! tampouco me esperaba menos ;). Xa me dirás se che gustou o resto!

    ResponderEliminar
  14. Encántame o apuntamento! Isto ponse interesante.
    Por certo, en 4º, en clase de Historia, estamos vendo "El Pianista". Hai unha secuencia moi brillante, cae ao final (aínda non chegamos) na que o piano se torna protagonista. Coñecédela?Estou desexando chegar a ela...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d