Saltar ao contido principal

Preparados para o cambio?


Toda a reportaxe, AQUÍ.
Por certo: sabedes que os nosos pais e avós tamén empregaban unha tableta portátil (de pizarra tradicional)? Facede clic, ou preguntade, e veredes.

Comentarios

  1. Rebeca31/5/18

    O San Paio tamén debería ter tabletas para evitar levar peso nas costas. As veces chego a casa e dóeme o dorso.
    Tamén é certo que son caras, pero poderíanse mercar para fomentar o traballo en grupo, é dicir, unha tableta por grupos en cada clase e o/a mestre decide as persoas que compoñan o grupo para mantelo todo o día durante todas as clases. Ao día seguinte o profesor/profesora da primeira hora escolle alumnos distintos.
    Desta forma, ao finalizar o curso, todo o alumnado estaría preparado para traballar con calquera tipo de persoa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Totalmente de acordo, Rebeca. Vénceseme o lombo, a min tamén, cada vez que vexo as vosas mochilas e é un atraso que sigamos sen ser quen de atallar ese problema; que é un problema maior, porque non é de organización, senón de saúde.
      Gústame moito a idea que propós: catro ou seis ipad para repartir en grupos de catro, por exemplo, rotando a responsabilidade de manexala. E gústame, non só porque resolva en parte o problema do caras que poidan resultar, senón tamén porque penso que tal vez sexa un erro entregarse por completo ás pantallas e novas tecnoloxías... Por suposto, debemos integralas na nosa vida (e na nosa forma de aprender; eu mesmo as emprego moito), pero iso é moi distinto de entregárllela por completo. Tomo nota!
      Tamén me gusta moito a idea de ir cambiando os integrantes do grupo. Nas clases sempre hai amiguetes, pero o obxectivo, cando traballamos, non é lograr estar coas amigas ou amigos, senón aprender a capacidade de traballar con calquera, por moi diferente que sexa a nós. Aí está a riqueza e o valor dos centros públicos; e esa que apuntas é unha magnífica maneira de explotar ese valor.
      Encantoume esta aportación, Rebeca. É un exemplo de canto temos que escoitar aos alumnos nos institutos. Aprender a escoitar non é só tarefa do alumnado. Moitísimas grazas! e espero que veñan máis (moedas!... e aportacións!).

      Eliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...