Saltar ao contido principal

Perderse, para atoparse


As poucas veces que puiden perderme no Museo do Prado, sempre me quedei chantado ante esta táboa:
Caronte cruzando la laguna Estigia (Joachim Patinir, 1520).

É certo que é unha reinterpretación cristiá, con inferno a un lado e paraíso a outro, e iso gústame menos que o mito grego sen contaminacións. Pero atráeme inmensamente a idea, e a escena: o silencio da morte, o calado barqueiro como portador de almas, as augas negras e descoñecidas e, ao final delas (quizá, se tes boa moeda) o xusto descanso tras unha vida librando guerras.

E isto é o verdadeiramente grande do Museo do Prado. Que cando te sentes perdido entre tanto cadro, sempre descubres un que che permite atoparte contigo mesmo. Así que, con permiso de Goya, sempre que vaiades, recomendareivos chegar a esta sala, onde ides a pasalas canutas (xa me contaredes) para decidir que cadro vos impresiona máis: "Caronte cruzando la laguna Estigia", "El jardín de las delicias" ou "El triunfo de la muerte". Tamén eu teño dúbidas, claro... Pero comprenderedes que non podía empezar esta viaxe sen honrar ao barqueiro.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...