15/05/11

A Historia por dentro, en Cabo Silleiro

15/05/11

Onte estiven debaixo da terra, nun lugar histórico, pouco coñecido, e espectacular.
Trátase dun antigo búnker con baterías militares, construído durante a Guerra Civil (1936-1939). Por medio duns pasadizos soterrados, pódese chegar ata os postos desde onde se disparaban os canóns. O sitio é moi escuro e está moi vandalizado, pero permite entender moi ben este tipo de construcións. Así que tráiovolo para que poidades velo comigo. Durante o vídeo que segue, oiredes algúns ruídos absolutamente normais (aviso, por se acaso: berros no exterior, e un motor dunha lanterna), e veredes peor as imaxes mentres camiño (está moi moi escuro). Aínda así, penso que paga a pena. Espero que vos guste.

Atrevédesvos a acompañarme? (mirade as fotos antes, para entender ben como é o lugar).


Debaixo de cada frecha, hai un canón saíndo da montaña e apuntando cara o mar. Fixádevos ben:
Nesta imaxe, podedes ver mellor un par deses canóns:

E aquí, o que se ve desde eles:


A uns metros e na mesma ladeira, as ruínas do antigo cuartel fortificado, con acceso ao búnker:

Recibe os contidos no teu correo

11 comentarios

  1. Andrea Ledo16/5/11

    É impresionante o vídeo Miguel, quedei fascinada! É un sitio realmente curioso e ademáis parece moi interesante.
    Gustoume moito o vídeo que fixeches, porque permite que os que non estivemos alí poidamos ver o lugar por dentro, aínda que algo escuro iso sí, e facernos unha idea de como se usaba iso no pasado.
    Destaco a túa valentía por facelo por suposto! Poñerte alí coa cámara, mentres vas camiñando, que tes que ir mirando por onde andas para non mancarte, cunha luz só procedente dun casco,rodeado de escuridade e cascallos, ten moito mérito! Así que os meus Parabéns!

    ResponderEliminar
  2. Alégrame que che gustara, Andrea!
    Teño que dicir que, por precaución, ía acompañado dun bo amigo. Nun sitio así, pode pasar algo e non se debe ir só.
    Se estivera limpo, sinalado e cun par de paneis (inversión mínima, e sen iluminación extra), creo que sería un sitio visitadísimo. Non só polo enorme interese histórico do lugar, senón tamén por onde está. E desde logo, para empezar unha unidade didáctica sobre a Guerra, calquera que fose, non tería prezo.

    ResponderEliminar
  3. Coñezo ese lugar e teño o privilexio de gozar esa paisaxe habitualmente. Cando pasas pola montaña do faro non te podes imaxinar a historia que se agocha debaixo dela.
    É unha pena que un espazo tan interesante non estea mellor coidado e non se dé a coñecer.
    Parabéns polo vídeo!

    ResponderEliminar
  4. Non hai nada como abrir o melón da Historia empezando polo pedazo que nos toca máis cerca. ¿Por que estudar a guerra civil como unha única sucesión de datas e personaxes, cando na nosa contorna temos cousas que nos permitirían entendela e querer coñecela con outra motivación?
    Grazas Asun! Seguro que agora cando pases por Cabo Silleiro verás tamén "o que non se ve"...

    ResponderEliminar
  5. xa che felicitei polo blog e volvo facelo de novo porque e moi interesante, pero tamén quero "destacar" como che gusta a tua profesión como gozas ensinando aos teus alumnos todo o que tí sabes cunhas ganas tremendas, só hay que ver como se che iluminan os ollos cando ves que os alumnos participan coas súas opinións, o sorriso na túa cara cando aportas algo novo para compartir con eles e como valoras as críticas tanto positivas como negativas, as primeiras gustan a todos e as segundas por que queres mellorar cada día, por todo iso !!ánimo!!, non cambies nunca "e un orgullo". Perdoa por este comentario, sei que dís que o blog é para comentar os temas que nel saen, pero é que quero compartilo, sinto esa necesidade. Unha aperta

    ResponderEliminar
  6. Anónimo17/5/11

    Qué medo estar ahí dentro,pero que interesante tamén.Tes razón Miguel,sería un sitio moi visitado,simplemente con que poñesen un panel informativo e indicativo.É un sitio onde se pode aprender moito sobre a guerra.Moitos dos nosos avós que a viviron,gustaríalles visitar este sitio ou seguro vendo este vídeo viríanlle mil lembranzas a cabeza,cantas cousas sabemos da guerra que eles mesmos nos contaron?Un vídeo xenial,non visitei este sitio,pero agora,sinto como se houbese estado nel xa.Grazas!!sm

    ResponderEliminar
  7. Mai só temos unha, e hai que coidala. Ninguén nos coñece ou nos quere igual: Grazas, mlp.
    Non sei eu, sm, se aos nosos avós lles gustaría meterse de novo aí dentro... Algúns vémolo como un resto valioso, que nos permite recuperar un tempo pasado e interesante, que non nos tocou vivir. Pero supoño que para quen tivo que estar na fronte ou embarcado nun buque de guerra, este tipo de lugares debe traer lembranzas non sempre ben recibidas...

    ResponderEliminar
  8. Estamos ante o novo director de REC?
    Vendo o principio un esperase o sustako terrible! jaja

    Bromas aparte, incrible Miguel! agora teño ganas de ir ver unha parte da historia olvidada dun país. Oxalá fagas moitos máis videos como este sobre outros lugares olvidados da historia para asi podelos ver dende aqui.
    sigue asi! este blog prospera!

    ResponderEliminar
  9. Jajaja! Non creas, Denís, que non se pensou niso do sustako, pero imaxinei algún infarto e non sei como anda o instituto de desfibriladores... Quedaría moi ben o neno do Resplandor cruzándose a todo pedal no seu triciclo! Pero os berros que se escoitan no minuto 4.00 tampouco quedan nada mal.
    Estades todos invitados a ir por alí cando queirades. E sobre as próximas visitas, teño algunha idea, pero acepto de moi bo grao as vosas propostas!

    ResponderEliminar
  10. Pilar López22/5/11

    Parabéns, Miguel!!
    Este vídeo é realmente fascinante. Nunca estiven nese lugar pero grazas ao teu documental teño a curiosidade de ir coñecelo. Agora ben, coido que, tal como está hoxe en día, non entraría por eses corredores. Que medo!!!
    A medida que o ía vendo, preguntábame: e Miguel percorrería el soíño ese lugar? Xa sei que non. Menos mal...
    Concordo co comentario de mlp a respecto de "non cambies nunca", por favor! Profes coma ti son os que fan falta no noso sistema educativo. Grazas!!!

    ResponderEliminar
  11. Visto o éxito de público deste vídeo, aproveito este comentario para prometervos unha futura visita a outras antigas baterías de guerra esquecidas... Desta vez, noutra punta de Galicia, e antiaéreas!
    Grazas Pilar! Vindo da profe que veñen, valoro un Potosí o que dis.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK