Acabo de vela, e... Como dicilo? Sabe a praia, a nocilla, a casettes, a Kit, a risas, a bicis BH, a bocata de mamá, a noites de verán, a sonos de neno sen presa por medrar. Héroes somos nós, cando fomos nenos. Unha peli fresca e entrañable, que detén o tempo para resituar as cousas que de verdade importan.
Héroes, de Pau Freixas, Premio do Público no Festival de Málaga de 2010.
Trailer, cun Clic na imaxe. Máis, aquí.
Vina hoxe e non teño palabras para describila en incrible :D
ResponderEliminarP.D.:Chorei coma unha madalena
Laura! (sorriso). Comparto esa sensación coa que quedaches. O poder da infancia supoño: esa caixiña na que caben os mellores recordos da nosa vida... eses que so olen a cousas boas, e aos que é preciso volver con certa frecuencia. Por saúde. Por lealdade.
ResponderEliminarAlégrame que che gustara.
Boas noticias.
ResponderEliminarPeli gratis e completa en Youtube:
https://www.youtube.com/watch?v=6vUnIPngrT0