Saltar ao contido principal

A metamorfose

"La Metamorfosis" vista por Peter Kuper
Baixo o apodo de clásicos, hai novelas incribles, que normalmente non aparecen expostas nos estantes do Carrefour porque o mercado pasa delas. Pero están aí, e seguen entusiasmando a quen as escollen. 
Cando leas un destes libros, desexarás descubrilos todos. 

Empezamos cun gran exemplo?

"A metamorfose", de Kafka. 
Prepárate para a sorpresa desde o mesmo inicio. Vaiche encoller a alma. Vaste sentir protagonista do absurdo. Vas querer saír, pero non has poder. A angustia vai medrar en ti conforme devores as páxinas. E cando chegues ao final, vas suspirar, case aliviado por teres rematado. E entón, só entón, preguntaraste se non somos na realidade tan absurdos e angustiosos como a mente de Kafka nos debuxou… 

Que este incrible inicio, semente en ti a inquedanza de lelo:





Cuando Gregorio Samsa se despertó una mañana después de un sueño intranquilo, 
se encontró sobre su cama convertido en un monstruoso insecto...

Comentarios

  1. Asun3/5/11

    O que fai grande a historia de Gregor Samsa e a sensación de agobio que se desprende das súas páxinas. Segundo avanzas na lectura parece que ti mesmo estás compartindo con el o seu cuarto e esa absurda situación. Creo que todos os lectores sufrimos unha pequena transformación ao rematar o libro.
    Unha gran novela para iniciar esta andaina! Parabéns!

    ResponderEliminar
  2. O inicio é tan brutal e inesperado, que nunca imaxinas que o agobio inicial poida medrar... Empezas a pensar doutra forma, cando Gregor ten que dicirlle á súa familia o que lle pasa e agardar dela unha reacción que calme a súa dor.
    Grazas Asun!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...