tag:blogger.com,1999:blog-8361136717147280578.post5554480990204439314..comments2023-10-09T19:39:52.617+02:00Comments on Moedas para Caronte: "La quimio jugando se pasa volando..."Miguel Abrairahttp://www.blogger.com/profile/18140104441998324277noreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-8361136717147280578.post-49343604586559954992012-02-10T14:42:03.036+01:002012-02-10T14:42:03.036+01:00Eu lembro moitas cousas, moitos momentos vividos c...Eu lembro moitas cousas, moitos momentos vividos coa miña avoa cando se operou,cando levou quimio e radio,cando puxo a súa peluca, pero sobre todo unha: as súas ganas de loitar, a súa valentía; dicíalle ás enfermeiras cando xa non eran capaces de collerlle a vía: "proba nesta que seguro que aquí es capaz". Buf, tantas cousas... Sempre a admirei e sempre a quererei. E vouche dicir: ela non xogaba á consola pero lembro como lle gustaba vernos xogar a nós e comentaba as xogadas ou botaba unha risada, e cando compartíamos os cascos do mp3 pra escoitar música ou lle leía en voz alta e lle encantaba a historia que nos contaba o libro,... Así pois
Juegaterapia é destas cousas que se agradecen só con saber que existen, con saber que aínda queda xente boa e que non todo son noticias malas. Pero síntome contenta e agradézoche motísimo que nos deras a posibilidade de coñecelos e eu esta fin de semana envío a miña infrautilizada Nintendo DS para que "axude" un pouquiño a algún neno ou nena que a precisa máis cá min... para que xogando, a quimio se lle pase voando...Sandranoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8361136717147280578.post-71743188036704398222012-02-09T21:25:24.014+01:002012-02-09T21:25:24.014+01:00Estas son as noticias que te axudan a sobrevivir n...Estas son as noticias que te axudan a sobrevivir neste mar de malas noticias que nos asolagan a diario nos medios de comunicación.
Non hai nada máis inxusto que ver a un neno sufrir, e nada máis alegre que ver a un neno sorrir.
Son iniciativas coma esta as que nos fan crer que esta vida merece a pena.Asunnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8361136717147280578.post-57370448329422454442012-02-09T20:44:32.091+01:002012-02-09T20:44:32.091+01:00Estou contigo, Jorge!
En todo, pero gustoume espe...Estou contigo, Jorge!
En todo, pero gustoume especialmente a comparación que fas entre as distintas consecuencias da elección que tomemos para os nosos xogos vellos: a ledicia dun neno enfermo, ou os porcallentos dez euros dunha tenda para lucrarse.
Coma ti, eu tamén teño moi claro onde quero o beneficio... Xa estou preparando a miña doazón!

O pracer é meu. Pracer de compartir e de aprender con vós.Miguel Abrairahttps://www.blogger.com/profile/18140104441998324277noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8361136717147280578.post-37293057891261699892012-02-09T20:00:35.826+01:002012-02-09T20:00:35.826+01:00Xenial esa primeira idea que tivo no seu día esa a...Xenial esa primeira idea que tivo no seu día esa amiga, Mónica, doando a sua consola, xermen do que, vexo, é agora, o traballo dos creadores desa fantástica web.
E fermoso tamén, o sorriso da nena que recibe a XBOX ou esa cara de concentración do neno de gafiñas na sua Nintendo, ¡ ainda con cámaras diante e todo !...
Se todo iso o aderezas cunha versión mais que decente do "Over the Rainbow" que no seu día cantou Judy Garland no "Mago de Oz", polo menos en min, xa teñen un candidato para doar cando menos, os meus vellos xogos de Play 3.
Non e comparable a cara de ledicia ou, como xa dixen, o sorriso desa nena, cos porcallentos dez euros que che dan como moito nunha tenda "GAME" donde só con moita sorte podes sair de alí cun "grazas".
Un prazer seguir este blog, de verdade.
Saudos, Miguel.Jorgenoreply@blogger.com