tag:blogger.com,1999:blog-8361136717147280578.post3772335916779119110..comments2023-10-09T19:39:52.617+02:00Comments on Moedas para Caronte: Hermano Mayor, no institutoMiguel Abrairahttp://www.blogger.com/profile/18140104441998324277noreply@blogger.comBlogger3125tag:blogger.com,1999:blog-8361136717147280578.post-53684046287002796782012-03-27T14:26:50.917+02:002012-03-27T14:26:50.917+02:00BRAVO! porque loitou e recuperouse das súa adicció...BRAVO! porque loitou e recuperouse das súa adiccións e porque agora axuda e ensina aos que pasan polo mesmo que pasou él. Charlas coma esta son moi necesarias, interesantes e útiles!! Noraboa Pedro!!Sandranoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8361136717147280578.post-17121924404505233982012-03-20T09:01:58.547+01:002012-03-20T09:01:58.547+01:00Rediós. Eres a versión testosterónica de Hermano M...Rediós. Eres a versión testosterónica de Hermano Mayor... Eres ¿Hermano el del medio? http://www.youtube.com/watch?v=rLkvKEavpCw

Bueno, eu entendo que é un programa da tele. Con psicólogos, terapeutas, etcétera, pero programa da tele. Partindo de aí, encontro normal que busque impactar e utilice determinados recursos.

Cando nos presentan un caso, por exemplo, vese claramente que os pais se afanan en provocar ao protagonista. Supoño que para que poidamos ver realmente a que extremos chega cando se olvida de que hai cámaras diante. Sabendo que pode resultar, en efecto, innecesario, morboso ou grotesco.

Pero a min interésame máis aló desas esceas que so presentan o caso de turno (en realidade, todos son iguais). Interésame como reto educativo. Como clase. Como exemplo de cómo se pode reeducar a persoas que viven situacións extremas. Porque en Hermano Mayor vexo a alguén capaz de meterse alí onde a inmensa maioría non ousaríamos nin tan sequera asomarnos. Alguén que ademais de enfrontarse a persoas tiranas, violentas e desquiciadas, sabe traballar ata chegar a elas. Logra que se abran, que dubiden, que cuestionen, que confíen nel... E consegue algo que pode parecer anecdótico, pero que para min é básico: que se vexan a si mesmos nunha pantalla. Ese momento clave no que se encontran de golpe cun reflexo ignorado de si mesmos, e que os asquea e lles abre os ollos a partes iguais.

Porque... ¿Que pasaría se a todos nos acompañara permanentemente unha cámara para gravarnos, e nos puxeran despois as imaxes?Miguel Abrairahttps://www.blogger.com/profile/18140104441998324277noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8361136717147280578.post-60862174424027557362012-03-19T17:35:13.240+01:002012-03-19T17:35:13.240+01:00Agora que leo isto, sinto xa un pouco de curiosida...Agora que leo isto, sinto xa un pouco de curiosidade por ter estado alí, asistindo a esa charla pra sacar así, conclusions e impresions propias, dese home.

O programa que dirixe, supérame, non podo con él, e sempre que zapeando, mirei un anaco, antes de dez minutos tiven que cambiar de canle: non dúvido do exemplo de superación do protagonista e admiro que, nunha especie de "redención" persoal, agora queira adicar o seu tempo a axudar a eses, como dis ti: "casos difíciles".
Supoño que o que está, na miña opinión, mal plantexado, é a estructura do programa, o formato (nótase moito que Telecirco é agora quen mete man, en Cuatro).
O programa recréase, e incluso ralentiza as duras imaxes que amosa: unha noite vin como un gipipollas, empurraba a sua avoa chamándoa "filla de puta" e íase destrozando una porta da cociña. A escea emitírona primeiro en tempo real, pra de seguido ralentizala (como si coa a emisión de corrido non tivésemos bastante), recreándose nas malas verbas e ademáns do "sinvergonza" e despois na expresión ( mistura de medo e de impotencia, culpabilidade incluso, da pobre avoa ).
O sangue fervíame nas veas, asegúrocho, e sentín gañas de haber estado alí nese intre, para primeiro darlle dez ou doce boas patadas no cú o mangallán malfalado aquel, e logo meterlle un sacho na man pra que empezase a cavar unhas viñas dos meus pais que por falta de adicación, van terminar "de monte". Logo recordei aquelo de "a violencia enxendra violencia" puxen unha peli de a Sexta 3, e pouco a pocuo recuperei a calma e o senso.

Por sorte, son dos que pensa que casos coma eses son minoría, e que as novas xeracions que veñen ahí detrás, son mozo/as con valores e cos miolos no seu sitio. Cústame moitisimo esforzo comprender que é o que leva e eses rapaces a consumir, a ameazar de morte e mancar a xente que os quere (os pais, os avós, os irmáns....), os únicos que por outro lado -nunha situción límite coma esas- son tamén os últimos en discriminalos e retirarlles unha man de axuda.Jorgenoreply@blogger.com