tag:blogger.com,1999:blog-8361136717147280578.post1248407261062079567..comments2023-10-09T19:39:52.617+02:00Comments on Moedas para Caronte: O primeiro día de clase: Carpe DiemMiguel Abrairahttp://www.blogger.com/profile/18140104441998324277noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-8361136717147280578.post-20953992588060818092014-10-24T17:59:39.861+02:002014-10-24T17:59:39.861+02:00Moitísimas grazas, P.! Que Keating te oia! Alá ond...Moitísimas grazas, P.! Que Keating te oia! Alá onde estea ("criando malvas", como el mesmo dicía ao ver aos rapaces das fotos en branco e negro, ou navegando co barqueiro cara augas máis tranquilas), el foi quen nos ensinou a moitos que valores debe esforzarse por ter un profesor. Con ter cuarta parte dun mestre humano e intelixente coma el, calquera estudante do mundo sería feliz. Se hai que remar cara algún lado, que sexa cara aí! Carpe!Miguel Abrairahttps://www.blogger.com/profile/18140104441998324277noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8361136717147280578.post-53789316635197463312014-10-24T15:11:24.187+02:002014-10-24T15:11:24.187+02:00Había tempo que quería pasar (con calma) por aquí,...Había tempo que quería pasar (con calma) por aquí, deixar un comentario nunha entrada que fai homenaxe a unha das miñas películas favoritas. E tocou hoxe, co comezo de unha fin de semana na que só adicarme aos blogs, aos libros e a máis películas.

Vou un mes tarde, e supoño que a estas alturas xa houbo tempo pra comprobar se esas primeiras impresións profesor-alumnos (e viceversa) eran acertadas ou non, pero igualmente, precisaba escribir aquí.

Creo, como ti, que todos os que algunha vez vimos esta película desexamos, nalgún momento, ter tido un profesor como Keating. Alguén que, ademáis de prepararnos para un exame, para unha carreira ou para unha profesión, nos preparase para a vida. E creo tamén que calquera profesor querería poñerse nesa pel. Ao final, se se fai ben, a de profesor é unha das profesións máis fermosas que hai.
Por iso, cada vez que entro a "Caronte", penso en que pouca xente explica tan ben calquera cousa e conta tan ben calquera historia como ti. Pouca xente lle pon tanta paixón a isto de compartir coñecementos, vida e Historia. Pouca xente fala con tanto estusiasmo das súas clases, dos seus alumnos e das ideas que vai tendo para eles. Estou case segura de que, se non o eres xa, te estás convertendo en un deses profesores que admiras. Un profesor Abraira-Keating.

E para iso, para ter esa seguridade no que digo, non fai falta nin ser alumno teu. Chega con "lerte", escoitarte ou coñecerte.
Faste querer.
Ábresnos os ollos.
Ensínasnos unha fermosa maneira de vivir.

Oxalá os novos alumnos, e todos os que veñan, "te" aproveiten para todo iso.

Carpe Diem para o primeiro día de clase.
E Carpe Diem para o primeiro día de case todo.P.https://www.blogger.com/profile/11242141156139102396noreply@blogger.com