Nunca teredes mellor regalo que aquel feito para tocarvos o corazón. Ese agasallo foi o que conseguiron hai uns días no IES Pino Manso, preparándolle a Moncho Iglesias, no seu último día de clase, a mellor despedida que un mestre pode ter: irse entre alumnos.
Teño visto moitas despedidas de profesores, primeiro como alumno e logo como compañeiro. E teño que dicir que hainas de todas as cores... tan diversas como somos as persoas. Están, claro, as deses mestres que se van despois de tan só un ou dous cursos nun instituto (tempo suficiente, nalgún caso, para deixar fonda pegada); e, por suposto, tamén as despedidas a eses outros que o fan tras trinta ou corenta anos entre alumnos... toda unha vida! Algúns vanse sen pena nin gloria, como quen entra e sae por unha porta; outros deixan un regueiro de nostalxia gañado a pulso; están os que anuncian un ano tras outro a súa retirada e, para infortunio dos seus alumnos, nunca cumpren; están os que se van radiantes de felicidade por perder por fin de vista as aulas; os que non queren homenaxes, quizais por medo a que lles afecte e non poder ocultalo; os que optan (moitos) por irse serenos e en silencio, como querendo non facer ruído; e por suposto os que o fan en plan bodorrio, con xantar e agasallo dos compañeiros de por medio... Como digo, vin moitas e para todos os gustos...
Pero nunca, nunca, ningunha me chegara como o fixo a de Moncho Iglesias no IES Pino Manso do Porriño. Tócame dentro, porque sinxelamente aí está todo o que un bo mestre desexaría ter de verdade na súa despedida: respecto, simpatía e o cariño sincero (a moreas) duns alumnos radiantes de estar alí, naquel lugar, naquel momento... con el. Emociónome cada vez que o vexo, mentres inevitablemente resoa na miña cabeza a música de Open your eyes, de Snow Patrol.
Pero nunca, nunca, ningunha me chegara como o fixo a de Moncho Iglesias no IES Pino Manso do Porriño. Tócame dentro, porque sinxelamente aí está todo o que un bo mestre desexaría ter de verdade na súa despedida: respecto, simpatía e o cariño sincero (a moreas) duns alumnos radiantes de estar alí, naquel lugar, naquel momento... con el. Emociónome cada vez que o vexo, mentres inevitablemente resoa na miña cabeza a música de Open your eyes, de Snow Patrol.
Moitísimos parabéns a Moncho, porque gañouse o máis importante que se pode gañar nesta profesión; a todo ese alumnado, por amosar tanto cariño dun xeito tan natural e auténtico; e ao profesorado do IES Pino Manso... por atreverse a facelo, a dar a oportunidade, simplemente, de que as emocións flúan. Porque sen necesidade de artificios nin diñeiro, lograstes dar a mellor despedida que poida soñar un profesor.
Emocionante, non teño palabras ten que sentirse orgulloso, unha despedida para non esquecer.
ResponderEliminarPrecioso.
ResponderEliminarY es para sentirse orgulloso, sólo las grandes personas que dejan marca merecen despedidas así. Sin conocerlo, no cabe duda de que ha sido un gran profesor.
Casi tanto como tú.
Sigue siendo un placer visitar este blog.
Sácame un sorriso ver este vídeo. Case a metade de grande que o que teño ao lerte de novo, Samantha. Sorriso maiúsculo. Reflexo, seguro, dese que temos todos naquela fotografía, e cando rememoro o tempo vivido con vós.
ResponderEliminarGrazas por este regalo.
La sonrisa y el recuerdo son recíprocos.
EliminarGracias a ti por seguir compartiendo tus "monedas" con los demás.