Saltar ao contido principal

Como despedir a un mestre

Nunca teredes mellor regalo que aquel feito para tocarvos o corazón. Ese agasallo foi o que conseguiron hai uns días no IES Pino Manso, preparándolle a Moncho Iglesias, no seu último día de clase, a mellor despedida que un mestre pode ter: irse entre alumnos




Teño visto moitas despedidas de profesores, primeiro como alumno e logo como compañeiro. E teño que dicir que hainas de todas as cores... tan diversas como somos as persoas. Están, claro, as deses mestres que se van despois de tan só un ou dous cursos nun instituto (tempo suficiente, nalgún caso, para deixar fonda pegada); e, por suposto, tamén as despedidas a eses outros que o fan tras trinta ou corenta anos entre alumnos... toda unha vida! Algúns vanse sen pena nin gloria, como quen entra e sae por unha porta; outros deixan un regueiro de nostalxia gañado a pulso; están os que anuncian un ano tras outro a súa retirada e, para infortunio dos seus alumnos, nunca cumpren; están os que se van radiantes de felicidade por perder por fin de vista as aulas; os que non queren homenaxes, quizais por medo a que lles afecte e non poder ocultalo; os que optan (moitos) por irse serenos e en silencio, como querendo non facer ruído; e por suposto os que o fan en plan bodorrio, con xantar e agasallo dos compañeiros de por medio... Como digo, vin moitas e para todos os gustos...

Pero nunca, nunca, ningunha me chegara como o fixo a de Moncho Iglesias no IES Pino Manso do Porriño. Tócame dentro, porque sinxelamente aí está todo o que un bo mestre desexaría ter de verdade na súa despedida: respecto, simpatía e o cariño sincero (a moreas) duns alumnos radiantes de estar alí, naquel lugar, naquel momento... con el. Emociónome cada vez que o vexo, mentres inevitablemente resoa na miña cabeza a música de Open your eyes, de Snow Patrol.

Moitísimos parabéns a Moncho, porque gañouse o máis importante que se pode gañar nesta profesión; a todo ese alumnado, por amosar tanto cariño dun xeito tan natural e auténtico; e ao profesorado do IES Pino Manso... por atreverse a facelo, a dar a oportunidade, simplemente, de que as emocións flúan. Porque sen necesidade de artificios nin diñeiro, lograstes dar a mellor despedida que poida soñar un profesor. 

Comentarios

  1. Anónimo8/7/17

    Emocionante, non teño palabras ten que sentirse orgulloso, unha despedida para non esquecer.

    ResponderEliminar
  2. Samantha15/1/18

    Precioso.
    Y es para sentirse orgulloso, sólo las grandes personas que dejan marca merecen despedidas así. Sin conocerlo, no cabe duda de que ha sido un gran profesor.
    Casi tanto como tú.
    Sigue siendo un placer visitar este blog.

    ResponderEliminar
  3. Sácame un sorriso ver este vídeo. Case a metade de grande que o que teño ao lerte de novo, Samantha. Sorriso maiúsculo. Reflexo, seguro, dese que temos todos naquela fotografía, e cando rememoro o tempo vivido con vós.
    Grazas por este regalo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Samantha6/2/18

      La sonrisa y el recuerdo son recíprocos.
      Gracias a ti por seguir compartiendo tus "monedas" con los demás.

      Eliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d