Saltar ao contido principal

"Bulldog": o bulling no meu instituto

Hai débedas que teño e esta é unha que xa vai tocando saldar. Por que? Pois primeiro, porque llo debo a Alan e ao seu equipo, que viñeron hai xa case un ano coas súas cámaras, luces e ilusións para facer algo grande; e segundo, porque os informativos seguen lembrándonos con demasiada frecuencia a necesidade de amosar, concienciar e falar con todos os medios dispoñibles do acoso escolar. Do bulling, ese problemón teu, meu e de todos.



O que vos vou contar sucedeu a finais do curso pasadoAlan, que fora alumno meu (e agora o é da Escola de Imaxe e Son de Vigo), reapareceu polo instituto. Traía un cartel con cinta adhesiva baixo o brazo, no que poñía:
"Buscamos persoas que aparenten entre 15 e 18 anos para participar como actores nunha curtametraxe que rodaremos no teu instituto"
Evidentemente eu non daba o perfil, e como actor son un cenutrio de primeira. Pero entusiasmado polos proxectos nos que se enrolan os que foron alumnos, decidín facer o mínimo do mínimo: compartir en redes e amosar interese... E Alan, que é un liante, foi tirando a ver se podía saír algo máis. E saiu. De aí saiu a posibilidade de que fixera un casting... e do casting ("Vale, xa te chamaremos", díxéronme cun sorriso, moi profesionais) a de facer un papel na curta: o de director dun instituto. Director malo, malo, malo... un deses que despexan os problemas como se foran balóns.

Durante días, este instituto foi un fervedoiro de acción. Unha vintena de mozos e mozas, alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo, tomaron o centro. Operaradores de cámara, técnicos de iluminación, actores, persoal de maquillaxe...  Daba gusto velos. Neles estaba concentrada toda a ilusión, as ganas e a enerxía de quen está empezando por fin a facer o que ama. Todos parecían ter a sensación de estar creando algo grande, cada un dentro do seu, como elos imprescindibles dunha cadea que non sabíamos moi ben en que remataría. Pero con tanta paixón, estaba claro que nalgo grande! Ata que un día por fin reuniron as pezas que buscaban, e marcharon sen amosarnos o puzle.

Ao día seguinte respirábase a súa ausencia. Non volvín saber nada deles ata semanas despois, cando, de improviso, Alan envioume unha imaxe do traballo de posprodución. A cousa ía adiante! Algo máis tarde, recibín a imaxe dun enorme cartel de cine e unha invitación"Bulldog", a curtametraxe, estreábase en pantalla grande nunha especie de pase e concurso de curtas que a escola preparara para proxectar ao público no emblemático Multicines Norte de Vigo

Naquela estrea "Bulldog" gañou os premios a Mellor Curtametraxe, Mellor Director e Mellor Actor. E non me estrañou nada, vendo como o público empatizaba co filme. Porque esta é unha historia moi ben contada, recoñecible para calquera que siga a moverse nun ambiente escolar, que transmite e é capaz de facer sentir, e sobre todo que denuncia e fai visible un problema moi grande: o do acoso na escola. Pero ao mesmo tempo (que gran elección), sen refuxiarse no vitimismo; moi o contrario, animando a enfrontar os problemas.

E en fin. Aquí está.  Con todos vós, "Bulldog".
Que vos guste, e que vos sirva para non mirar para outro lado.
3, 2, 1... Acción!

Comentarios

  1. Elsa Gato Adams1/3/17

    Xenial..! Sobre todo para os que vivimos outros problemas, noutra época...
    Pero...¿Eu qué vou opinar? Se son a nai do director..!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajaja! Pois que vas opinar? Que é un traballo fermoso, que vai máis aló do amor polo cine, que amosa compromiso, que trata o problema con sensibilidade... En fin, que é natural que te sintas moi orgullosa, Elsa. Polo fillo e polo traballo que fixo! Non sei se estiveches no cine o día da estrea. Supoño que si; senón foi así, só gustaríame dicirche que naquela sala, ao remate da curta, houbo unha explosión de vítores, silbidos de xúbilo, e aplausos dos que fan doer as mans. Foi algo espontáneo e unánime, que non houbo nas outras curtas. Unha dose de felicidade desas que a vida apenas che dá e polas que paga a pena todo. Parabéns a Diego, e a ti tamén.

      Eliminar
  2. Alan Yeo, vía Facebook1/3/17

    Un placer tenerte como profesor, un placer haberme cruzado contigo y un placer trabajar contigo! Muchísimas gracias por hacer "BULLDOG" posible. Acabemos con eso que llaman "bulling". Hagamos que solo sea un mal recuerdo de nuestra sociedad. Un fuerte abrazo Miguel Abraira !!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pracer e agradecemento compartido! A seguir traballando e que nunca falte a ilusión.

      Eliminar
  3. Vitoria Non Cantes, vía Facebook1/3/17

    Como me gustades! É xenial! Que bon traballo!

    ResponderEliminar
  4. Ana Belén P.L., vía Facebook1/3/17

    Bravo!

    ResponderEliminar
  5. A do Pumar, vía Facebook1/3/17

    Comparto.
    Q lacra.
    Eu non sei onde acabaremos!
    Como actor Miguel Abraira, non tes perda!
    Bo traballo!!!

    ResponderEliminar
  6. Pedro López, vía Facebook1/3/17

    Me imagino tu orgullo Miguel, no sólo por el trabajo del equipo si no por la inquietud que han demostrado. Grandes por la iniciativa y por el trabajo. Me encanta. Con vuestro permiso comparto.

    ResponderEliminar
  7. Diego Markwalder, vía Facebook1/3/17

    Cuando escribí el guión de Bulldog lo escribí pensando en aquellos que practican el bullying y, porsupuesto, en aquellos que lo sufren. Pero también pensando en llegar a aquellos que lo permiten. Principalmente a ese profesorado pasivo que mira a otro lado en vez de actuar.
    Puede que a la hora de dirigir el guión cometiera más fallos que aciertos, pero al leer artículos como éste recuerdo que almenos ha cumplido un poquito su cometido.
    Gracias a ti Miguel Abraira! No solo por participar en el proyecto, sino también por implicarte en él, que no es lo mismo. Gracias

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias a ti Diego. Fue un placer que confiarais en mí para algo tan importante y poder aprender y emocionarme con vosotros (primero viéndoos mientras trabajábais, y luego viendo la emotiva reacción de la gente en un patio de butacas). Cometido cumplido y a por más!

      Eliminar
  8. Marisa2/3/17

    Pois eu cómo nai do "director" do instituto na curtametraxe, podo opinar Elsa, que estiven ese día en multicines Norte é que foi emocionante, que como ben di Miguel todo o mundo aplaudiu a rabiar e que debes de sentirte orgullosa por ese fillo que tés, foi un traballo bonito do cal eu tamén me alegro. Oxalá que eso do "bulling" remate canto antes. E a ti Miguel noraboa tamén por tanto cariño que che demostran os teus alumnos

    ResponderEliminar
  9. Maravilloso traballo!!!! Parabéns a tí e a toda a xente involucrada no proxecto. Esta é unha lacra que ten que ser cortada de raíz e esta curta dinámica e que mostra unha forma desexable de reaccionar é xenial! Os meus alumnos saberán dela.

    Bico Miguel, bico a todos :)

    ResponderEliminar
  10. Moitas grazas Olga! Por suposto que hai que acabar con ela, e é algo que depende de todos.
    Un bico!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d