Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2016

De profesores, adolescentes e leis inhumanas

Ás veces, en conversas con persoas que non coñezo, tócame dicir que son profesor . Gústame moito, por curiosidade e porque teño algunhas ideas ao respecto, fixarme na reacción que iso produce nos demais. E podo asegurar que nunca, nunca, ninguén me respondeu cun: " Pois que sorte tes. Encantaríame poder traballar con adolescentes " .  Moi ao contrario, case sempre observo o mesmo tipo de reacción na persoa que teño diante. Soen mirarme de esguello durante un par de segundos, que é o que tardan en sopesar se deben ou non compartir comigo a súa opinión sobre o tema, para a continuación comentar, en tono entre compasivo e confidente: " Pois compadézote. Porque tal e como está hoxe a xuventude... " . Nunca calo ante este tipo de resposta, porque igual que me gusta tomar nota da reacción, tamén me gusta  contradicilos e facerlles ver que eu si me sinto afortunado e orgulloso de traballar con rapaces . Porque é un reto contínuo, porque esixen moito de min e porq...