07/10/15

Queres un Garfiteiro?

07/10/15

Hai algúns meses adoptoume unha gata. Si, son conscente de que soe ser ao revés, pero neste caso foi así, xúrovolo. Cada día que chegaba a casa, ela estaba esperando á porta. E o mesmo pasaba pola mañá, en canto botaba un pé fóra. Non vos vou mentir, encántanme os gatos, así que tamén puxen o meu grao de area... Ehem! De area, de comida, de mimos... A soidade de inverno évos moi fría, así que pouco a pouco fómonos coñecendo e encariñando ata sentirnos membros dunha mesma familia. 


Como vedes, Garfi é unha gataza siamesa, de pelo longo e ollos moi moi azuis. Quizais isto explica que unha fermosa noite de verán... Isto, ben... O caso é que hai xa un mes e dúas semanas que Garfi nos trouxo ao mundo (máis ben á miña casa) a estes catro Garfiteiros. Xa podedes imaxinar que falo de catro gatiños. Todos con ollos claros e pelo longo, coma ela. Tan fermosos e ben coidados, que dan ganas de papalos... pero non, non son para papar, senón para adoptar. En breve, Garfi, que está feita unha madraza, os empurrará polo seu ben a ser independentes e este será o mellor momento para que pasen a vivir con alguén que queira coidalos e compartir a vida con eles, como eu a comparto con ela.

Quizais esa persoa adecuada eres ti.
Queres coñecelos?

2 gatiños brancos
1 gatiña de tres cores
1 gatiña laranxa, atigrad


Preciosos, sáns, limpos, xoguetóns
e cunhas ganas felinas de compartir xogos, lambetadas e pelos contigo

Se adoras os gatos, tes lugar para eles na túa vida e es alguén moi responsable,
capaz de comprometerse a coidalos e querelos como Garfi (ou coma min)...
 Poden ser teus! 

Esperámosvos!

Recibe os contidos no teu correo

7 comentarios

  1. Que bonitiños Miguel. Dou Fe que che encantan os gatos e sei que non lles falta de nada se están ao teu carón, solo desexo que se hai algunha persoa interesada sepa coidalos e querelos como fas ti. Moita sorte

    ResponderEliminar
  2. Preciosos!! Agardo que quen os adopte os coide, mime e queira tanto coma sempre fixeches ti cos teus Miguel, que sexan responsables e pensen en todo, son un máis en casa e hai que contar con eles en todo momento, cando se vai de vacacións, hai que lèvalos ó veterinario ademais de vacinas, desparasitación, cando están enfermiños, etc, e que os fagan felices porque os gatiños, seguro, farán máis que felices a quen os adopte! Que sorte tivo Garfi ó adoptarte! ;-)

    ResponderEliminar
  3. A que son unha fermosura? Non vos preocupedes, que farei casting! Non, en serio, asegurareime de que queden nas mellores mans posibles. De momento, estarán xuntos e ca súa mamá unha ou dúas semanas máis (ata completar os dous meses), así que ese é o prazo de tempo que temos para elixir e ser elixidos.

    Por suposto, encantaríame, un tempo despois da adopción, volver a xuntalos aos catro neste blog, para que todos saibamos como lles vai, como medraron e que valores engadiron á vida das persoas que decidiron reservalles un lugar especial ao seu lado. Contamos con vós!

    ResponderEliminar
  4. Sara Paloma9/10/15

    Son moi lindos!!! eu adoro os gatos, teño catro gatiños na miña casa son moi xoguetóns e algo traviesos pero os quero moito, espero que encontres a alguen que os adopte e coide :-)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Sara! É que se fan querer moito! Como non imos coidalos e mimalos! De feito encantaríame quedar con todos, pero non podo. Xa teño a Garfi e a Bimbo... un terceiro sería moito! (creo). Non obstante, temos a varias persoas ilusionadas co feito de poder levar un, así que espero que pronto poidan independizarse e iniciar a súa vida adulta. Menuda alegría que van dar á vida dos que teñan a sorte de levalos... A min cáeseme a baba a diario con eles!

      Eliminar
  5. Garfi tivo sorte de encontrar unha persoa coma Miguel,sempre intentando axudar no que pode.Os gatiños,espero que atopen un bos donos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias David! :)
      Case case están xa as familias listas para recibilos! Estou seguro de que lles van encher a casa de cariño e risas, como me fan a min e a Garfi cada día.

      Eliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK