Saltar ao contido principal

Del Revés (Inside Out)

Sabedes que é isto...? A ver a ver... Non? Seguro? Non distinguides un cerebro? Non vedes a Alegría aos mandos? Non recoñecedes ao resto dos personaxes? Pois entón é que aínda non visteis unha peli marabillosa! Xa estades tardando! Correde, insensatos! Esta será, seguramente, a última semana que permaneza na carteleira dos vosos cines. E como non vaiades, ides a tirarvos dos pelos cando de aquí a un ano a poñan en calquera tele, no medio de infames anuncios.


Esquecédevos dos Minions (con perdón). Del Revés é desas pelis que che fan saír cun sorriso nostálxico do cine e te reconcilian coa gran pantalla, coa vida e ata contigo mesmo. Unha obra creativa, intelixente, chea de imaxinación e cun propósito moi ambicioso: contarnos, desde dentro da cabeza da nena protagonista, como funcionan as emocións e como, dependendo delas, os nosos recordos e forma de ver a vida poden ser moi diferentes. 

Cun clic sobre o cartel, podedes ver o tráiler!



Riley é unha nena de 12 anos que vive un cambio importante coa súa familia. Pero en realidade, os protagonistas son ¡as súas emocións! que, instaladas na súa mente (como na túa ou na miña), tratan de influír nas súas accións e recordos. Aí viven as 5 emocións humanas básicas: Alegría, (a líder do grupo) Tristeza, Medo, Ira e Asco. Con elas imos descubrindo atónitos cómo se forman os Recordos Esenciais, a Memoria a Longo Prazo, as Illas da Personalidade, ou como cada noite aparecen os soños... dunha maneira tan orixinal e fermosa que cambiará para sempre a túa forma de pensar acerca de como pensamos. Por favor, non a perdades!

E para pechar esta moeda, unha pregunta moi fácil para os que xa visteis a peli...
Cal das cinco emocións credes vós que está aos mandos na vosa mente?
...E na miña?

Comentarios

  1. La que representas con diferencia, a mi parecer, es Alegría. Ella es graciosa, optimista y busca el lado divertido en todo momento y en todas las situaciones posibles. Valores que me has transmitido y que sigues transmitiendo.
    En mi caso, Asco es muy terca, tremendamente sincera e impide que Riley se intoxique, tanto física como socialmente. Se dedica a analiza a la gente, sitios y cosas. Asco tiene una noble intención y se niega a bajar el listón de sus exigencias, y tal y como me advertiste, me he visto reflejada.
    Muy buena recomendación Miguel.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. En este momento Alegría está contentísima, salta enérgica por toda la central y acaricia orgullosa, con esos ojos grandes y limpios, la bola dorada que será recuerdo esencial. Muy cerca, Tristeza se escurre como un trapo mientras expira un pesado lamento: "Ya lo sabííía..., a mííí nunca me eliiige nadieee". Ira se tira del sillón y de los pelos del bigote, mascullando entre dientes "¡No la soporto, siempre quejándose!". Miedo se felicita de que ni lo nombres, "hubiera sido horrible, ¡una hecatombe!", afirma, siguiendo teatral los trazos de sus propios aspavientos. Alguien más, al fondo, observa atenta y silenciosa desde un segundo plano. Parece al margen, y sin embargo está, con mayúsculas. Mira con todo, tasa la escena con precisión y cataloga veloz descartando posibles toxicidades. Ella es Asco. Y es la única de los cinco que posee una serena y antigua belleza: la de la lucidez.
      Gracias por sumarte al juego, Nerea! De parte de Alegría, y de los demás.

      Eliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d