08/06/15

Momentos Selectivos V (para vitaminarse)

08/06/15

Faltan dous días para a Selectividade e teño algúns exalumnos dos que me lembro a punto de abordala. Quizais ti sexas un deles, así que esta pequena entrada tamén vai para ti... Porque este é o teu momento. Sábelo, verdade? Así que non perdas tempo. Deixa de remolonear e de queixarte. Deixa de maldicir a calor e o sol de verán. Cantos días así vai haber na túa vida? Cen...? Mil...? E selectivos? Un! Vai haber só un! Así que esperta, móvete, séntete vivo! Porque isto é un agora ou nunca. E porque quedan apenas cinco minutos para que empece

Corre, insensato! Porque esta é a túa vida. E non durará sempre.


Non recúes. Non dubides. Pensa que se chegaches ata aquí é porque tiveches os pés na terra, porque non te rendeches, porque soubeches sacrificar a tiranía dos "me apetece" pola sensatez do que realmente sabías que querías para ti. Chegaches porque o mereces. Así que agora non te achiques e corre. Non hai lugar a fallos. Lembra que a sorte hai que buscala... Que esta é a túa... E corre a por ela! 

Espero que a letra e a música da canción vos empurren a todo trapo a ese lugar que soñades, máis aló desa illa mínima, dese rito de paso, chamada Selectividade.

Ánimo e a por ela, valentes!

Recibe os contidos no teu correo

0 comentarios

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK