Saltar ao contido principal

Cris e Marcela, e vós (2/3 Despois)

Cando sonaba o timbre ninguén quería irse; no recreo, un grupo pediu pasar a unha aula para poder seguir falando con calma con elas; cada vez que unha clase remataba e tiña que marchar, escoitaba frases como "acertaches de pleno, profe", "que majas son", "tiñamos que facer isto máis veces", "teñen que volver outro día máis tempo!", "profe, por favor! Quedamos outra hora! Collemos a seguinte!"... E, en fin, os comentarios son aínda tantos e as ganas de seguir compartindo tan grandes polas dúas partes (tres comigo), que non podería deixar isto así. Porque, está claro que Cris, Marcela e vós, merecedes unha entrada que recolla dalgún xeito o que vivistes. E agora que pasou xa unha semana daquel encontro, é o momento de escribila. De escribila con algunhas das vosas palabras, que son o mellor espello do voso entusiasmo e ilusión. E de escribila coas vosas caras. Porque... mirádevos ben: a felicidade é apenas un instante, e ese fugaz momento tamén pode xurdir nunha clase.

3º ESO A
"Fíxome pensar que hai que facer cousas diferentes ás que estamos acostumados, e que valoremos o que temos e que non teñamos medo das decisións que tomemos"
"Grazas á súa visita non estou agobiada pensando na carreira que farei, só me concentro sobre o que me apetece facer no momento e disfrutalo dando o mellor de min"
"Sempre pareceume que intentas que coñezamos distintos puntos de vista, e eso foi tamén o que me aportaron Cristina e Marcela"

"Algo no que me axudaron foi niso de: non penses en que vas ser de maior, pensa no que queres facer agora" 
"Axudoume a aprender que hai algo máis importante que o diñeiro e a rutina diaria, e aprendín tamén que hai que estudar o que ti queiras e que canto máis che gusta o que estudes mellores resultados vas ter"
"A min encantaríame estudar lonxe, e aprendín que, se me esforzo, podería conseguilo"
"Agora vou estar máis tranquilo á hora de escoller materias, porque se me confundo sei que podo arreglalo e escoller o que me gusta, e tamén aprendín que non podo deixar de facer os meus hobbies aínda que supoña moito esforzo"
"Que foran independentes fixo que me pareceran o suficientemente maduras... pero tamén puiden apreciar esa parte adolescente que me transmitiu confianza e familiaridade"
"a partir da charla estou cada vez máis segura de que teño que estudar o que me gusta, non o que teña máis saídas ou ir cos meus amigos"
"Estábamos sentados todos xuntos, e elas entre nós, e creo que iso facilitou a confianza e eliminou dalgún xeito as típicas barreiras"
"Valoro a actividade cun 10... É unha experiencia pola que todos os rapaces tiñan que pasar, oxalá que se faga máis veces"
"Alivioume saber que elas tampouco tiñan claro a que querían adicarse"
1º Bacharelato C


"Gustoume moito porque me fixo recapacitar... Teño moi claro o que quero estudar pero sempre din que por que non busco algo que teña máis saídas, pero eu non quero facer algo que non me guste e que non me faga levantarme cada mañá entusiasmada polo meu traballo".
"Axudáronme en que non podo deixar de lado os meus soños solo porque me coste relacionarme coa xente"
"Ao final as saídas as buscas e as creas ti; e tamén hai que adaptarse a culturas, persoas e centros diferentes, ser moldeable".
"Pareceume unha forma de ensino diferente, e aprendín moito"
"Aprendín a valorar o que tes"
1º Bacharelato D
"Axudoume a elixir o que quero facer da miña vida. Gustaríame que viñeran máis días"
"Eu nun futuro quero ser igual que eles e ir recorrer mundo e coñecer cultura. Profe, anímote a facer outra actividade coma esta"
"Penso que este tipo de actividades deberían facerse todos os anos, así como esta, ao final de curso, cando máis o necesitas. E o ambiente tamén me gustou, así no claustro, non a típica charla en usos múltiples".
"As súas historias motiváronme a viaxar máis" 
"Foi espléndido e inspirador, sobre todo agora que temos que empezar a escoller que queremos facer"
"Foi todo un privilexio. Son dúas rapazas cheas de vida e de historias que contar... Elixe sempre o que che gusta e nunca te arrepintas de nada, viaxa e descúbrete a ti mesmo, iso foi o que me ensinaron"
"Ensináronme que tes que aprender a ser un pouco libre e saber defenderte"



"Gustaríame estudiar fóra, é un soño que sempre quixen, pero que á mesma vez temín, xa que a familia, os amigos... pero elas demostráronme que aínda que deixes iso, sempre vas encontrar novos amigos e ata case unha familia"
"Me han dado valor para atreverme a hacer cosas diferentes"
"Aprendín que a vida hai que vivila libremente, e cantas máis experiencias vivas sairá moito mellor e máis divertida"
3º ESO C



 "Foron os 50 minutos de clase máis rápidos da miña vida"

Pódese dicir máis alto, pero non máis claro!
Grazas infinitas a Cris e Marcela, pola ilusión e as ganas que puxestes.
E desde logo a todos vós, por saber aproveitar tan ben ese día con elas!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d