Saltar ao contido principal

Ons: un día único nas nosas vidas

"Era sano estar en la isla porque uno mismo se daba cuenta de lo pequeño que era". 

Así falaba Staffan Mörling, un antropólogo sueco que descubriu as illas Ons nos anos 70 e que xa non puido deixalas nunca. Alí atopou o amor por unha moza e por unha forma de vida ás que xamais abandonaría, e que aínda hoxe o fan mirar atrás coa emoción de quen sabe que tivo unha enorme sorte ao atopalas.


Tamén os que fomos a Ons o pasado luns tivemos un pouco desa sorte que tivo Staffan. Porque aínda que poidamos voltar a elas, seguramente nunca máis teñamos toda a illa só para nós. Somentes por iso, xa pagou a pena. Ben, por iso... e polas vosas caras no barco! E pola praia, o camiño, o sol, a brisa batendo na pel... polo faro e polos miradoiros ao salvaxe Atlántico... Pola batalla de Rande, polo Santo Cristo de Maracaibo, pola posibilidade dun tesouro (non lesteis "Os fillos do mar"?) e polo impresionante Buraco do Inferno... Pola historia, a bioloxía e a literatura unidas aquí para Nós. Para Ons.








a


"Creo que non ten que me dicir que o Buraco do Inferno é ese lobo negro que temos aí diante (...). A vista era máis ca impresionante. Un miradoiro sostido a uns vinte metros sobre o nivel do mar. Á nosa dereita, o mar rompía con forza nunha enseada salvaxe de rochas e escuma branca. Baixo os nosos pés, a auga abríase paso ao fondo dunha gorxa de rocha viva. E, á nosa esquerda, o pórtico maxestoso do Buraco do Inferno, unha ferida aberta no costado da illa, unha fenda negra de máis de vinte metros de altura. A natureza abrumábanos na súa magnificencia!." 
Da novela "Os fillos do mar", de Pedro Feijoo
Oxalá vos gustase a nosa viaxe a Ons, e oxalá queirades seguir descubríndoas.
Porque agora sabemos que a carón do inferno sempre hai un paraíso.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!