Saltar ao contido principal

"Márchate, el mundo es tuyo"

Sempre é estraño ver a alguén querido facer unha maleta. E onte foi un día estraño, de sensacións contraditorias. De orgullo e alegría por vervos acadar metas que vos permitirán seguir medrando (se non é agora, dentro de dous meses); pero tamén dun inevitable desacougo, porque, se cadra non volo parece, pero un profesor sempre sente soidade cando os seus alumnos se van. 



Sei que vivo nun rito de paso. Que un profe non é máis que un accidente no voso traxecto vital. Que chegades coa maleta feita e que só é cuestión de tempo que o día de onte chegue. Sei que é lei de vida, e tamén que, se desexo algo para vós, é precisamente que poidades vivila. 

Así que, con motivo dun día como o de onte, con vídeos, sorrisos, abrazos e palabras de gratitude mutua, gustaríame deixar aquí tres momentos conxelados na historia das nosas vidas. Coma se dunha cápsula do tempo se tratase. Para vós e para min. Para que sempre poidamos volver a eles a alimentar a memoria. E a sentir un pouco, nada máis que un pouco, de todas as cousas boas que aqueles días vivimos xuntos. Fóra da aula e, sobre todo, dentro dela. Porque alí foi onde empezou todo. Grazas polo voso esforzo, polo voso aprezo a pesar de non poder acompañarvos este curso, e polos bos momentos que me destes. Foi un pracer traballar con vós.


A ninguén lle gustan as despedidas. Pero se tivera que elixir unha para acompañar este momento, elixiría a da película (xa sabedes o moito que me gusta compartilas con vós) "Cinema Paradiso", cando o vello Alfredo anima ao seu novísimo e fiel amigo Totó (unha amizade forxada tras o proxector dunha sala de cine chamada "Paraíso") a deixarse de nostalxias e marchar para sempre daquel pobo:

"Márchate! -dille-. Regresa a Roma. Eres joven y el mundo es tuyo. 
Yo ya soy viejo. No quiero oirte más... 
sólo quiero oír hablar de ti".



Unha secuencia que remata na estación de tren, co mellor dos consellos posibles:
"Hagas lo que hagas, ámalo.
Como amabas la cabina del Paraíso, cuando eras niño"

E agora, como diría Gandalf... "Corred, insensatos!"

Comentarios

  1. Marta Rodríguez, vía facebook29/5/15

    A verdade é que na vida so estamos de paso e ao longo dela moitas persoas deixaran pegadas no noso corazón, e sen dúbida ti a deisaches ! Grazas polo apoio fora e dentro da aula, penso que falo por todos ou por case todos, moitos profesores deberían seguir o teu exemplo na forma de impartir as clases, sen dúbida son clases as que asistes por gusto e non por obriga!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias Marta. Polas palabras e polo afecto. Non sabes canto me alegra que valoredes as nosas clases, o aprendido e o tempo pasado xuntos. Non se pode pedir máis. Un abrazo ben grande!

      Eliminar
  2. Claudia Otero, vía facebook29/5/15

    Sen dúbida o millor profesor que puidemos ter, muitas gracias Miguel Abraira polos bos momentos de primeiro e polo aprendido, non só de historia, senón da vida!!!!

    ResponderEliminar
  3. Natalia Alonso, vía facebook29/5/15

    Grazas a ti! Non puidemos ter máis sorte contigo, moitas grazas por todo Miguel Abraira

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sorte compartida, Natalia! :) Moitos parabéns e un abrazo. Ánimo con ese selectivo!

      Eliminar
  4. PaulaLó, vía facebook29/5/15

    En dos años una de las mejores casualidades ha sido tenerte como profesor y como amigo. Te debo mucho!! Gracias por todo Miguel Abraira❤ ‪#‎DesdeItaliaConCariño‬

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pásao moi ben Paula! Non me debes nada, faltaría máis... Bueno, ou si: unha postal da bellissima Italia! :D

      Eliminar
  5. Olga Cabrinety, vía facebook29/5/15

    Qué preciosa entrada profe Miguel!!! Un bico moi grande

    ResponderEliminar
  6. A do Pumar, vía facebook29/5/15

    Que bonito. Que poucos profes hai así. Que sorte tuvestes

    ResponderEliminar
  7. Ana Belén Pérez, vía facebook29/5/15

    Que orgullo que falen así de un. Felicidades!

    ResponderEliminar
  8. Telmovedra, vía Instagram29/5/15

    Quen diría que ao final me ías votar de menos ooohhh ��!!!!

    ResponderEliminar
  9. Pilarde, vía Instagram29/5/15

    Gracias a ti @miguelabraira ... como madre no sabre agradcerte el bien que has hecho a estos chavales y en particular a mi hija, que a partir de ahora comienzan una nueva etapa llena de grandes cambios y donde les diste confianza y seguridad en si mismos, sin miedo a fracasar ni a intentar todo lo que se propongan....gracias de nuevo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchísimas gracias Pilar. Te aseguro que tras leerte ya me siento de lo más agradecido. De verdad, gracias. Enhorabuena y un abrazo

      Eliminar
  10. Hola Miguel ,un pracer volver a saber de ti dende O Rosal. Miña irmá ensionoume esa peli fai anos e é moi boa.
    O teu é deixar pegada, non importa o efímero dun curso.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Iria! Canto me alegra volver saber de ti! Acórdome moito de vós, daquel curso xuntos e tamén das veces que volvimos xuntarnos despois. Encantaríame reatoparnos para que me contárades dos camiños polos que andades. Así que alégrame especialmente saber, polo menos, que ti e Elsa seguides medrando na vida, collidas da man que nos tenden as películas que de verdade pagan a pena. Grazas por acordarte de min, e por facermo chegar así. :) Un abrazo moi forte para as dúas.

      Eliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d