Sempre é estraño ver a alguén querido facer unha maleta. E onte foi un día estraño, de sensacións contraditorias. De orgullo e alegría por vervos acadar metas que vos permitirán seguir medrando (se non é agora, dentro de dous meses); pero tamén dun inevitable desacougo, porque, se cadra non volo parece, pero un profesor sempre sente soidade cando os seus alumnos se van.
Sei que vivo nun rito de paso. Que un profe non é máis que un accidente no voso traxecto vital. Que chegades coa maleta feita e que só é cuestión de tempo que o día de onte chegue. Sei que é lei de vida, e tamén que, se desexo algo para vós, é precisamente que poidades vivila.
Así que, con motivo dun día como o de onte, con vídeos, sorrisos, abrazos e palabras de gratitude mutua, gustaríame deixar aquí tres momentos conxelados na historia das nosas vidas. Coma se dunha cápsula do tempo se tratase. Para vós e para min. Para que sempre poidamos volver a eles a alimentar a memoria. E a sentir un pouco, nada máis que un pouco, de todas as cousas boas que aqueles días vivimos xuntos. Fóra da aula e, sobre todo, dentro dela. Porque alí foi onde empezou todo. Grazas polo voso esforzo, polo voso aprezo a pesar de non poder acompañarvos este curso, e polos bos momentos que me destes. Foi un pracer traballar con vós.
A ninguén lle gustan as despedidas. Pero se tivera que elixir unha para acompañar este momento, elixiría a da película (xa sabedes o moito que me gusta compartilas con vós) "Cinema Paradiso", cando o vello Alfredo anima ao seu novísimo e fiel amigo Totó (unha amizade forxada tras o proxector dunha sala de cine chamada "Paraíso") a deixarse de nostalxias e marchar para sempre daquel pobo:
"Márchate! -dille-. Regresa a Roma. Eres joven y el mundo es tuyo.
Yo ya soy viejo. No quiero oirte más...
sólo quiero oír hablar de ti".
Unha secuencia que remata na estación de tren, co mellor dos consellos posibles:
"Hagas lo que hagas, ámalo.
Como amabas la cabina del Paraíso, cuando eras niño"
E agora, como diría Gandalf... "Corred, insensatos!"
A verdade é que na vida so estamos de paso e ao longo dela moitas persoas deixaran pegadas no noso corazón, e sen dúbida ti a deisaches ! Grazas polo apoio fora e dentro da aula, penso que falo por todos ou por case todos, moitos profesores deberían seguir o teu exemplo na forma de impartir as clases, sen dúbida son clases as que asistes por gusto e non por obriga!
ResponderEliminarGracias Marta. Polas palabras e polo afecto. Non sabes canto me alegra que valoredes as nosas clases, o aprendido e o tempo pasado xuntos. Non se pode pedir máis. Un abrazo ben grande!
EliminarSen dúbida o millor profesor que puidemos ter, muitas gracias Miguel Abraira polos bos momentos de primeiro e polo aprendido, non só de historia, senón da vida!!!!
ResponderEliminarMoitas grazas, Claudia :) Un abrazo grande!
EliminarGrazas a ti! Non puidemos ter máis sorte contigo, moitas grazas por todo Miguel Abraira
ResponderEliminarSorte compartida, Natalia! :) Moitos parabéns e un abrazo. Ánimo con ese selectivo!
EliminarEn dos años una de las mejores casualidades ha sido tenerte como profesor y como amigo. Te debo mucho!! Gracias por todo Miguel Abraira❤ #DesdeItaliaConCariño
ResponderEliminarPásao moi ben Paula! Non me debes nada, faltaría máis... Bueno, ou si: unha postal da bellissima Italia! :D
EliminarQué preciosa entrada profe Miguel!!! Un bico moi grande
ResponderEliminarQue bonito. Que poucos profes hai así. Que sorte tuvestes
ResponderEliminarQue orgullo que falen así de un. Felicidades!
ResponderEliminarQuen diría que ao final me ías votar de menos ooohhh ��!!!!
ResponderEliminarE a ti, @telmovedra, e a ti! :D
EliminarGracias a ti @miguelabraira ... como madre no sabre agradcerte el bien que has hecho a estos chavales y en particular a mi hija, que a partir de ahora comienzan una nueva etapa llena de grandes cambios y donde les diste confianza y seguridad en si mismos, sin miedo a fracasar ni a intentar todo lo que se propongan....gracias de nuevo
ResponderEliminarMuchísimas gracias Pilar. Te aseguro que tras leerte ya me siento de lo más agradecido. De verdad, gracias. Enhorabuena y un abrazo
EliminarHola Miguel ,un pracer volver a saber de ti dende O Rosal. Miña irmá ensionoume esa peli fai anos e é moi boa.
ResponderEliminarO teu é deixar pegada, non importa o efímero dun curso.
Un saúdo.
Ola Iria! Canto me alegra volver saber de ti! Acórdome moito de vós, daquel curso xuntos e tamén das veces que volvimos xuntarnos despois. Encantaríame reatoparnos para que me contárades dos camiños polos que andades. Así que alégrame especialmente saber, polo menos, que ti e Elsa seguides medrando na vida, collidas da man que nos tenden as películas que de verdade pagan a pena. Grazas por acordarte de min, e por facermo chegar así. :) Un abrazo moi forte para as dúas.
Eliminar