Non quería irme de vacacións sen compartir con vós as fotos da viaxe que nos tivo fóra e con rumbo sur durante toda a semana pasada. Polo menos algunhas delas. Así que aquí están. Para ese día no que voltedes, buscando recordos, imaxes e vivencias daquel curso da vosa vida. Daquela viaxe única e irrepetible que un día emprendimos xuntos. Que perdure. Que vos gusten. Ata sempre, amigos. Ata sempre, Sur.
No campamento romano de Petavonium (Zamora)
Na sorpresa dunha nevarada a medio camiño
Na meta... a nosa base preto de Almagro (Ciudad Real)
No (palustre!) Parque Natural das Tablas de Daimiel (Ciudad Real)
Vendo (e facendo) teatro no vello Curral de Comedias de Almagro (Ciudad Real)
En Toledo, debuxando sendeiros entre o zoco, o alcázar, sinagogas e cadros do Greco
En Medina Azahara, descubrindo a vella capital do califato de Córdoba
Por Córdoba, entre a impresionante Mezquita, a xudería e o Guadalquivir
E por último... ese paseo pola extraordinaria vila romana de Carranque (Toledo)
Y recuerda que la vida es una sucesión de momentos,
y que de ti depende cómo los vivas...
Os romanos dan moito que pensar, construiron pensando as ruinas que deixaría o paso do tempo!
ResponderEliminarXa o dicía Máximo Décimo Meridio, tamén chamado "Hispano", en "Gladiator": O que facemos na vida, ten o seu eco na eternidade.
ResponderEliminar