Mañá, en pleno día, farase de noite porque o Sol desaparecerá case por completo da nosa vista, ao interpoñerse a lúa entre o planeta e o astro solar. E sabedes que? Que Galicia será o mellor sitio da península para sentilo (e digo ben, sentilo, porque NON se pode ver directamente ao sol), e que tardaremos máis de vinte anos en volver vivir unha situación así.
O día escurece, os animais ocúltanse, unha sombra se propaga, baixa a temperatura... Imaxinades o que podía ser vivir un eclipse nos anos nos que ninguén sabía que era o que pasaba? O espectáculo comezará cedo. Amencerá coma un día calquera, pero polas 9.04 da mañá a lúa comezará a interporse entre a Terra e o Sol, para cubrilo en torno a un 80% tan só unha hora máis tarde, polas 10.00 horas. Habería que ir a unha latitude máis ao norte para poder presenciar un eclipse total do disco solar.
Só hai un risco e debemos tomalo moi en serio: a saúde dos nosos ollos. Se durante o eclipse mirásemos directamente ao Sol, a vista detecta o escurecemento, abre a pupila e deixa entrar os raios ultravioleta ou infrarroxos procedentes da luz que irradia tras a lúa. Non doe, nin te decatas. Simplemente, as células dos teus ollos queimaranse mentres ti ves directamente ao Sol sen unha protección especial. Que faría falla? Mercar unhas gafas homologadas con índice de opacidade 5 ou superior, e descansar, aínda así, cada 30 segundos. Ningunha outra cousa vale.
Se vos serve de referencia eu non penso mirar ao Sol durante as dúas horas de duración do eclipse. Estarei na casa. Basta abrir a persiana dunha ventá que mire cara ao astro e poñerse de costas a el, para ver o eclipse proxectado no teito ou nunha parede da habitación. Abonda con permanecer atento a como o día se escurece, a como a natureza pode reviralo todo, ou á reacción dos animais e plantas que, non podendo quizais entender o que pasa, comportaranse como se algo estrano pasase.

Vivamos a experiencia!
Apúntome!! :-)
ResponderEliminarUn día con dúas noites, a felicidade para mouchos, vampiros, amantes...
ResponderEliminar