Saltar ao contido principal

De Gandhi para Hitler

Falando de Gandhi e da descolonización da India, preguntáronme en clase se era verdade que este lle escribira unha carta a Hitler. E si, é certo. O caso é que, contrariamente ao que eu pensaba, a carta consérvase. É máis, non foi unha, senón dúas as misivas que Gandhi quixo facer chegar a Hitler, coa intención de convencelo de que non levase ao mundo a unha guerra fatídica. 

Vía


Curiosamente, nin Gandhi nin Hitler souberon a verdade: ningunha das dúas cartas chegarían nunca a mans do Führer. O goberno británico encargouse de evitalo, dándoas a coñecer cando ambos xa estaban mortos: Gandhi asasinado, e Hitler suicidado... ou iso din. 

Pensaredes quizais que Gandhi era un arrogante. A que ven senón que se atrevese a escribirlle a un tolo coma Hitler? Quen lle deu vela para ese enterro? Que lle podía importar a un indio, por moi líder pacifista que fose, o que sucedese nese berce de explotadores imperialistas que era Europa? Pero non. As decisións de Hitler importábanlle moito e afectábanlle a el e ao seu pobo de maneira directa. Gandhi sabía que se Alemaña provocaba unha guerra, Reino Unido non tardaría en responder. E Reino Unido era, amiguiños, a metrópole que dominaba a India... O líder hindú non se equivocaba. Un mes despois de escribir a carta que vedes na imaxe, Hitler invadía Polonia. E só dous días despois, Reino Unido declaráballe a guerra. A India, colonia británica, acababa de entrar, sen bebelo nin comelo, na Segunda Guerra Mundial.  



Algúns amigos instáronme a escribirlle en nome da humanidade. Pero resistinme á súa petición, porque me parecía que unha carta miña sería unha impertinencia. Con todo, algo me di que non teño que calcular, e teño que facer o meu chamamento por todo o que pague a pena.
Está moi claro que é vostede hoxe a única persoa no mundo que pode impedir unha guerra que podería reducir á humanidade ao estado salvaxe. Ten que pagar vostede ese prezo por un obxectivo, por moi digno que poida parecerlle? Quererá escoitar o chamamento dunha persoa que evitou deliberadamente o método da guerra, non sen considerable éxito? De todos os xeitos, conto de antemán co seu perdón se cometín un erro ao escribirlle.
Queda á súa disposición, o seu amigo, M.K. Gandhi 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!