Unha das cousas das que máis se aprende na vida é a morte. Sen ela, cando non a sentimos preto, perdemos a perspectiva do que en realidade é todo: un período limitado de tempo. Non hai que volverse tolo para aproveitar a vida, nin tampouco ter medo a que esta remate. O único que fai falla é saber. E sentir, cada día, que facemos cousas por vivila ou por mellorar a dos que nos rodean. Porque como dicía Leonardo, só unha vida ben usada pode facer da morte algo doce. Ou como alguén nos di, unha e outra vez, na película Fight Club: "esta é a túa vida, e acábase a cada minuto".
A Lola. Por oito anos de calor, compaña, risas e tanta vida.
Si, Miguel. Á nosa querida Lola, que tantos bós momentos compartimos con ela, de cariño, compañía e sorrisos, para mín moi especial, a gatiña mais linda do mundo. E moi boa ata nos duros momentos. Nunca esquecerei o día que chegou a casa por primeira vez, non viña para quedar pero ela sentíu que esta era a súa casa, nada mais entrar recorreuna toda e víase moi agusto e contenta por eso pensei que tiña que quedar connosco, e non me arrepentín. Gustaríame que houbese sido por mais tempo, pero lembrarei estos oito anos na súa compaña sempre, sei que tí tamén, o voso cariño era mutuo, o teu regazo era especial para ela, naide podía competir contigo nese caso, e facíache compaña moitas tardes no teu estudio. Grazas a Sandriña por coidala, tanto na clínica coma na casa, con ela o seu carón nunca lle faltou de nada nin tampoouco cariño, tamén sei que a botará de menos. Grazas Miguel por esta entrada, sabía que o farías, ainda que con ela e o seu recordo se me saltaran as bágoas.
ResponderEliminarCando trouxeron a Lola á clínica, era unha boliña de pelo, parecía un cachorriño de tigre, tiña unha cariña preciosa, a todo o mundo lle chamaba a atención o bonita que era, tan pequeniña veu, que a levábamos de paseo pola clínica nos bolsillos, encantábanlle os ordenadores, tanto para ver a frechiña que lle movíamos co rato, coma para sentarse no cú da pantalla e sentir o calorciño que desprendía, fíxose moi amiga de Pelaez, un can abandonado co que compartían, xogos, mimos e siesta incluso!. Fíxose querer e moito! Só temos bo recordos... E chegou o agardado día, o día en que encontrou o calor dun fogar, un fogar onde foi feliz sempre, cheo de agarimo, cheo de coidados, con amigos humanos e felinos e no que desfrutou e compartiu coma ben dis Miguel, do calor, da verdadeira amizade, da compaña, das risas e da vida. Botarémoste moito de menos Loliña. Unha bonita e emocionante homenaxe Miguel.
ResponderEliminarPouco de valor podo engadir a esta fermosa entrada, nen as sentidas palabras de Marisa ou as lembranzas tan especiais de Sandra.
ResponderEliminarNunca coñecín a Lola, pero non me fixo falta.
Polos centos de detalles e anécdotas que Marisa sempre me contou dela e como compañeiro de piso que son da miña querida Frida, non preciso de máis para , nun exercicio de empatía, meterme un intre na vosa pel e compartir con vos tanto a felicidade de todas esas lindas lembranzas ( o do calorciño do monitor que conta Sandra, chegoume o corazón e fíxome sorrir ), como a dor de agora.
Oxalá poidese chasquear os dedos e facer que vos regalase oito anos máis de mimos e miados.
Cústame moito aceptar a morte e a pesar dos meus case 40 anos de almanaque, pero quero quedarme con esa acertada reflexión que apunta Miguel: "só unha vida ben usada pode facer da morte algo doce".
Bicos e áninmos para os tres e unha rascadiña agarimosa, debaixo do queixo para a sempre eterna, Lola e para Bimbo
( que tamén para él o momento e duro ).
Moitas grazas aos tres! Por suposto, Xurxo, transmito esa rascadiña de ánimo e cariño a Bimbo.
ResponderEliminar