08/11/14

Lola

08/11/14

Unha das cousas das que máis se aprende na vida é a morte. Sen ela, cando non a sentimos preto, perdemos a perspectiva do que en realidade é todo: un período limitado de tempo. Non hai que volverse tolo para aproveitar a vida, nin tampouco ter medo a que esta remate. O único que fai falla é saber. E sentir, cada día, que facemos cousas por vivila ou por mellorar a dos que nos rodean. Porque como dicía Leonardo, só unha vida ben usada pode facer da morte algo doce. Ou como alguén nos di, unha e outra vez, na película Fight Club: "esta é a túa vida, e acábase a cada minuto".



A Lola. Por oito anos de calor, compaña, risas e tanta vida.

Recibe os contidos no teu correo

4 comentarios

  1. Si, Miguel. Á nosa querida Lola, que tantos bós momentos compartimos con ela, de cariño, compañía e sorrisos, para mín moi especial, a gatiña mais linda do mundo. E moi boa ata nos duros momentos. Nunca esquecerei o día que chegou a casa por primeira vez, non viña para quedar pero ela sentíu que esta era a súa casa, nada mais entrar recorreuna toda e víase moi agusto e contenta por eso pensei que tiña que quedar connosco, e non me arrepentín. Gustaríame que houbese sido por mais tempo, pero lembrarei estos oito anos na súa compaña sempre, sei que tí tamén, o voso cariño era mutuo, o teu regazo era especial para ela, naide podía competir contigo nese caso, e facíache compaña moitas tardes no teu estudio. Grazas a Sandriña por coidala, tanto na clínica coma na casa, con ela o seu carón nunca lle faltou de nada nin tampoouco cariño, tamén sei que a botará de menos. Grazas Miguel por esta entrada, sabía que o farías, ainda que con ela e o seu recordo se me saltaran as bágoas.

    ResponderEliminar
  2. Sandra8/11/14

    Cando trouxeron a Lola á clínica, era unha boliña de pelo, parecía un cachorriño de tigre, tiña unha cariña preciosa, a todo o mundo lle chamaba a atención o bonita que era, tan pequeniña veu, que a levábamos de paseo pola clínica nos bolsillos, encantábanlle os ordenadores, tanto para ver a frechiña que lle movíamos co rato, coma para sentarse no cú da pantalla e sentir o calorciño que desprendía, fíxose moi amiga de Pelaez, un can abandonado co que compartían, xogos, mimos e siesta incluso!. Fíxose querer e moito! Só temos bo recordos... E chegou o agardado día, o día en que encontrou o calor dun fogar, un fogar onde foi feliz sempre, cheo de agarimo, cheo de coidados, con amigos humanos e felinos e no que desfrutou e compartiu coma ben dis Miguel, do calor, da verdadeira amizade, da compaña, das risas e da vida. Botarémoste moito de menos Loliña. Unha bonita e emocionante homenaxe Miguel.

    ResponderEliminar
  3. Pouco de valor podo engadir a esta fermosa entrada, nen as sentidas palabras de Marisa ou as lembranzas tan especiais de Sandra.
    Nunca coñecín a Lola, pero non me fixo falta.
    Polos centos de detalles e anécdotas que Marisa sempre me contou dela e como compañeiro de piso que son da miña querida Frida, non preciso de máis para , nun exercicio de empatía, meterme un intre na vosa pel e compartir con vos tanto a felicidade de todas esas lindas lembranzas ( o do calorciño do monitor que conta Sandra, chegoume o corazón e fíxome sorrir ), como a dor de agora.
    Oxalá poidese chasquear os dedos e facer que vos regalase oito anos máis de mimos e miados.
    Cústame moito aceptar a morte e a pesar dos meus case 40 anos de almanaque, pero quero quedarme con esa acertada reflexión que apunta Miguel: "só unha vida ben usada pode facer da morte algo doce".
    Bicos e áninmos para os tres e unha rascadiña agarimosa, debaixo do queixo para a sempre eterna, Lola e para Bimbo
    ( que tamén para él o momento e duro ).

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas aos tres! Por suposto, Xurxo, transmito esa rascadiña de ánimo e cariño a Bimbo.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK