Saltar ao contido principal

Estrella: 3 minutos difíciles de esquecer

Gústanme as curtametraxes. Paréceme un reto contar unha historia, e lograr conmover ou impactar ao espectador en tan pouco tempo. No festival Notodofilmfest os vídeos non poden pasar de tres minutos e medio de duración, así que precisas moi pouco tempo para ver un montón de historias. Comprometidas, cómicas, dramáticas, inquedantes... Como no cine. De todas as que vin onte, gustáronme varias pero paréceme moi digna de compartir esta, que leva por título Estrella. Fermosa demostración de que unha peli pode lograr en tres minutos o que algunhas non logran en dúas horas. Sorprender, conmover, remover...


Empatía

Comentarios

  1. Buf... A miña noraboa por esta grande curtametraxe... Unha maneira diferente de denunciar, de ensinar, de chegar a todo o mundo doutro xeito e de explicar que os animais sinten e sufren coma calquera persona. Unha historia triste, que non debería existir, pero que por desgraza ocurre, unha historia triste con final feliz, unha curtametraxe que merece ser premiada, aínda que ben seguro o mellor premio ( polo menos na miña opinión, e para todos os que fixeron esta curtametraxe supoño que tamén) sería que non houbese maltrato nin abandono dos animais. Grazas por compartir esta moeda, Miguel!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É unha historia impresionante. E necesaria. Que non gañou o concurso, pero que é de lonxe unha das curtametraxes máis vistas e agradecidas polo público, e que logra con creces algo máis importante que gañar un concurso. Logra interesar, impactar, conmover, agarrarse á memoria. Fai que ata o máis garrulo se remova incómodo no asento. E, por suposto, dá ganas de coidar con mimo de todas as Estrellas. Como fas ti, S.

      Eliminar
  2. Que historia tan bonita, Silvia! E canto me alegra que a escribas aquí! Non é nada fácil saír do cómodo e ir axudar a quen o precisa. Non todo o mundo ten o valor de implicarse en facer algo polos demais e aliviar a dor allea. Sempre é máis fácil mirar para outro lado. Por iso admiro moitísimo o paso que desteis ti e a túa amiga. E lendo as túas palabras, un non sente outra cousa que ganas de achegarse a un lugar así e axudar... Así que tómoche a palabra e comprométome a probar esa experiencia. E a traerme dela unha moeda para compartir aquí.

    Marabilloso o vídeo de Tinta en El Hormiguero. Marabilloso o que esas persoas fixeron por ela, e marabilloso o exemplo que esa cadela nos dá. Lembroume moito á historia de Duncan, outro can que pasou por Caronte hai uns meses, enchéndoo todo coa súa alegría:
    http://moedasparacaronte.blogspot.com.es/2014/03/sera-por-patas.html

    ResponderEliminar
  3. Silvia Morgade5/10/14

    Dende que Tinta saiu no Hormiguero, xa chamaron para adoptala 100 persoas! Oxalá lle pasara o mesmo a todos os cans que había no refuxio, e non só a eses, se non que en vez de comprar, adoptáramos todos! Encantada de compartir contigo esta experiencia :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d