29/06/14

Amsterdam, a viaxe

29/06/14

É difícil resumir unha viaxe en palabras. De aí o valor das imaxes. Ante elas, non fai falla moito máis. Nas da nosa viaxe a Amsterdam hai luz, pontes, auga, sorrisos, parques, moita bicicleta, museos, patios e casas agochadas, letras ás que un se pode subir, pobos mariñeiros, músicos, futboleiros, prazas por conquistar e barrios fundidos en cor. E como unha imaxe vale máis cá mil palabras...













In memoriam da nosa viaxe a Amsterdam, xuño 2014.

Recibe os contidos no teu correo

6 comentarios

  1. Que envexa!
    Envexo esa luz, esas cores, tantas bicis, esas casas, esas rutas...
    Oxalá eu tivese unha imaxe pra expresar toda esa envexa que coas palabras se me queda curta... oorque a cara ao ver esta entrada é, máis ou menos, esta:
    :)

    ResponderEliminar
  2. Que debe ser máis ou menos a cara que levábamos todos cando subimos nas bicicletas... cara de non teño boca para tanto sorriso: :D

    ResponderEliminar
  3. Pedazo excursión! Pedazo fotos! Pedazo sorrisos os que tedes e temos o vervos desfrutar tanto e visitar sitios tan bonitos! Eu tamén quero unha viaxe así! Precioso Ámsterdam!

    ResponderEliminar
  4. Ingredientes:
    43 alumnos con ganas de viaxar
    3 profes con ganas de viaxar con bos rapaces
    1 destino cultural
    1 avión
    1 par de buses
    1 hoteliño xeitoso en zona tranquila
    1 par de mapas
    2 tranvías
    22 bicis (2 de tipo holandés, para sazonar un pouco)
    1 tándem (para valentes)
    1 barco para navegar canais
    3 museos (Ana Frank, Van Gogh, Rijksmuseum) para poñer ideas en remollo
    3 pobos ás aforas, para engadir sabor
    1/2 ducia de cámaras para captar esencias
    96 pés para patear ben
    1 feixe de amigos
    1 pouco de sol
    1 pizca de sal
    1 chorro de sorrisos, e...

    Velaí! Voilà! Here you're!
    Feliz viaxe asegurada!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ámsterdam, oh Ámsterdam. É unha cidade preciosa, e sempre tiven bastante interese por ela. Teño que admitir que a miña admiración por Ámsterdam aumentou moito co libro 'Bajo la misma estrella' de John Green. Este autor recurreu a esta cidade para un viaxe romántico entre ambos personajes, pero tamén un viaxe con malas noticias. Sen centrarme no libro, teño moi idealizado Ámsterdam. As bicicletas polas calles, os canales ao estilo veneciano coas suas casiñas pegadas. Unha cidade máxica.

      Tamén teño que decir que non podo viaxar a Ámsterdam de momento, pois non puden ler aínda 'El diario de Ana Frank' e o museo da súa casa é un viaxe obligado, así que primeiro haberá que lerse ese libro que me pinta tan maravilloso. Tamén o museo de Van Gogh, pois teño que admitir que teño unha certa obsesión cos xirasois, así é (e tiven a sorte de ver un par dos varios cadros de xirasois que pintou Van Gogh en Londres e estou moi contento)

      PD: Gústame moito o novo deseño, é moderno e moi manexable. Un punto a favor polo deseño tan bonito. Noraboa Miguel! Un saúdo e apertas.

      Eliminar
    2. Ola David! Boas razóns hai para ter Amsterdam na cabeza como modelo de cidade e de vida urbana. Xa ves a luz que hai nas fotos. Xa ves que non hai coches por todas partes, nin cables poñendo barreiras ao aire, nin o feísmo urbanístico ao que estamos tan habituados aquí. O das bicis é incrible. Xa non polo número, senón pola cor, a alegría e a calidade de vida que dan aos que alí viven. Nós alugámolas durante tres horas e, para moitos, foron tres horas de felicidade absoluta. Os canais son outro símbolo de identidade de Amsterdam, pero neste caso fixéronse para desparramar o río Amstel por toda a cidade. A casa de Ana Frank ten o encanto indescriptible dos lugares que teñen alma; eses sitios nos que, por algún motivo, te sentes sobrecollido. O Museo Van Gogh, sen ser un sitio cunha historia tan dramática e cautivadora, montou a exposición de tal maneira que un a remata coa sensación de tela vivido tan intensamente como o artista viviu. E non fai falla entender moito de arte para aprecialo. Non deixes de ir ao Risjksmuseum! Foi remodelado por arquitectos españois e deixárono espectacular! En resume, Amsterdam é un fantástico destino para unha viaxe!

      Moitas grazas polas túas palabras, David. Nada ten tanto valor aquí como a vosa opinión, que aprezo coma se fose unha moeda para o barqueiro. Aperta grande!

      Eliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK