Volveredes. Pero nunca será o mesmo. Cada vez é única, e a nosa viaxe ás Cíes do pasado luns nunca máis se repetirá tal como foi. Con vós, con nós, con bo tempo! Con toda a illa baleira e á nosa disposición. Con historias de batallas navais, de fachos e piratas, de tesouros e barcos afundidos. Con paseos en grupo ata faros, miradoiros con vistas privilexiadas, rochas con formas e herbas de namorar (ou como diría Rosi, "plantas del amor"). Con baño e merenda ao pé da praia. E cunha sentada das que fan época, todos xuntos, nese magnífico trono de pedra que hai no chamado Alto do Príncipe. Ese que, dalgunha maneira, tamén fixemos noso. E para que nunca se vos vaia da memoria aquel momento...
Clic para vernos en panorámica (pantalla grande!)
Clic para ver o tráiler da película daquel día.
:D
:D
Remato con dúas imaxes grandes da viaxe. Había que ir baixando para volver, e os do grupo de Historia quedamos atrás para poder botar unha foto todos xuntos. Mirade que caras. Non hai moito máis que dicir: cada un á súa maneira, todos estamos sorrindo.
E estou seguro de que sempre que volvamos a elas,
nos resultará difícil non volver a facelo.
nos resultará difícil non volver a facelo.
Grazas por compartir. Así dá gusto.
Ata sempre!
(Como Abraira se queixou de que non hai comentarios voulle deixar un).
ResponderEliminarHome, está ven, pero cando máis se miran estas cousas non son agora, senón cando levamos tempo sen vernos, cando nos entra morriña entre nós. Isa é a expresión exacta!. Cando nos damos conta do que perdimos (do que deixamos atrás), do que nunca podremos volver recuperar, creo que soamente así se nos despertará ese gusanillo de mirar estas cousas (porque polo menos a mín pásame).
Jajaja!
ResponderEliminarNon me queixei... bótovos de menos aquí! Sodes os protas! Xa sabedes que valoro a vosa opinión. Pero estou moi contento porque sei que o tráiler vos sorprendeu e vin canto nos rimos con el ao velo na clase. E diso se trataba: de que vos gustara, de que ríramos xuntos, de que nos quedara un recordo especial. Para volver a el, como dis ti (estou completamente de acordo) cando xa non teñamos a oportunidade de compartir tempo, espazo, historia, risas, debates, exames, xogos, mentiras, traballos, concursos, excursións...
Grazas Telmo, por responder tan ben á miña morriña de vós!
jaja. (Como dí a miña frase familiar, que a dí meu pai, e antes seu pai e antes seu pai e antes.......; )
ResponderEliminarPois é!
Se che serve de consó Abraira, en nome do alumnado de 1º Bach D, promoción 2013/2014 tamén te botaremos de menos 10000000000000% garantizado, eu persoalmente tamén, ¡xa non terei a quen acusar de esquerdista! ;)
ResponderEliminarPenso, que é curioso en quen terá máis morriña ou se a teremos por igual .
ResponderEliminarCada un de nós coñecimonos ou o intentamos coñecernos este ano, intentamos coñercer a uns individuos completamente diferentes uns doutros, e que todos eles van deixar unha pegada nos nosos recordos, unha pegada inesquecible, pero nós os alumnos temos que sufrir a separación de todos nós (como a todos cando lles tocou) temos que perder esas amizades coas que tantas vivenzas pasamos, temos que separarnos coas vagas promesas de volveren a verse todos o día de mañá, unhas promesas que sabemos que probablemente non se cumprirán nunca, namentres os profesores vos salvades dos recordos, ou non claro, porque ao viviren esas experiencias todos os anos en vez de evadiros o que pode facer é incrementar os vosos pensamentos en que tal lles foi aos outros ao ver reflexados nos actuais (do futuro) rasgos dos do pasado, soamente rasgos, porque cada un é único, e tal vez soamente tal vez sexa por iso polo que aos humanos nos custa tanto olvidar as persoas, sobre todos coas que compartimos a nosa vida, a nosa formación ou un proxecto común que nos leva ao futuro. O problema é que non hai unha segunda vez, soamente hai unha é pasa máis rápido do que nos desexamos e do que nos podemos imaxinar (fixate que me parece que foi onte cando te vin entrar pola porta a primeira vez, ou cando tiven que gritar ese (¡Gibraltar Español!, porque non me oías) e agora míranos apunto de rematar o curso xa pasaron uns cantos meses e se esvararon máis rápidos que os do verán, e iso que son menos é sempre nos saben a pouco en comparación coa duración do curso ), non sei polo tanto que é o que fai que se esvaren tan pronto, tal vez sexa que os momentos felices pasan rápidos é os difíciles lentos (Tal vez sexa así de SIMPLE), Non o sei!
Aínda gardo a esperanza aínda que supoño que vaga de que algún día 4 persoas nos reunamos para facer puenting, tal vez só catro non sexa tan difícil de unir, despois sempre as podería invitar a tomar algo na miña casa en Vedra, pero iso sí (a traballar na leira se queren beber), incluso o humor é algo que nos caracteriza, algo tan simple como a nosa risa, pero é ese algo tan fácil de olvidar da outra persoa a que a fai inesquecible. Imos dentro de un ano e pico rematar a que posiblemente será a mellor experiencia da nosa vida, e sinceiramente paréceme que foi bastante efémera.
Podería dicir máis pero mañá teño que enfrontarme a outros días de vivenzas e a outras de esas tan fantásticas clases de historia, desas nas que estando calado, en ocasións aprendes máis que falando. (podes disfrutar con ledicia das opinións dos menos faladeiros, podes encher o teu cerebro non con datos que se che olviden ao pasaren unha semana, senón que os enches con recordos e opinións que che durarán toda unha vida, incluso poida que os recordes ese tan funesto día que a todos nos chega, ese día negro que representa este blog, ese día no que vemos ao barqueiro, ese día no que vemos a Caronte).
Raro, curioso é como describiría a desconcertante incógnita de quen terá máis morriña.