Saltar ao contido principal

Volve Xogo de Tronos

Volve o lume, a vinganza, e o aceiro valyrio. Volven as espadas, os dragóns e as disputas nobiliares polo trono. Volven os lobos, a Garda da Noite e a ameaza ao outro lado do enorme Muro de Xeo. Volve a emoción... Volve Xogo de Tronos. 

Clic na imaxe, para ver o tráiler da 4ª temporada.

A saga trata da loita entre diferentes Casas Nobiliares por un mesmo trono, o control e o poder das terras de Poñente. Non é que pretenda ser unha recreación da Europa da Idade Media. Xogo de Tronos non é unha recreación da Historia. É mellor: é ficción con reminiscencias históricas. É certo que nela hai elementos fantásticos, pero son un aderezo: o que predomina é unha base histórica. Hai castelos, hai armas medievais, hai casas señoriais con escudo e lema familiar, xerarquías e relacións feudovasalláticas, conspiracións e matrimonios de convenencia, incestos e tamén algo de sexo e violencia explícita. Que ao meu modo de ver son todo un acerto, porque dan moita máis veracidade á historia, embrutecéndoa sen tabúes e diferenciándoa doutras sagas de tema similar. Por iso, se tivéramos que explicar a historia medieval, moitos aspectos da serie serviríannos para entender mellor aquela época.


Calquera que vexa dous capítulos verá que as mulleres son o personaxe forte, intelixente e clave de toda a trama. Unha trama que comeza quince anos despois dunha rebelión que rematou coa dinastía reinante: os Targaryen. O novo rei morre sen descendencia lexítima para ocupar o trono, pois os fillos que deixa son froito en realidade das relacións da raíña co seu propio irmán. Ao saberse que non son estes fillos lexítimos do defunto rei, discútese o seu dereito ao trono, e comeza unha carreira e loita encarnizadas entre aspirantes de varias casas señoriais por lograr facerse co poder e o control dos Sete Reinos de Poñente. Mentres, ao Leste, os herdeiros dos Targaryen, que lograron salvarse no seu día da matanza de toda a súa familia, tratan de volver para recuperar o que lles pertence. E fano axudados dalgo que todos crían desaparecido para sempre: os dragóns. Pero toda esta loita non terá ningún sentido se a Garda da Noite non logra conter aos salvaxes que ameazan con desbordar o gran Muro de Xeo situado ao Norte.


En Xogo de Tronos non hai bos nin malos. En calquera momento podes chegar a entender ou sentir aprecio, pois todos senten e padecen, acertan ou se equivocan, todos teñen defectos e virtudes... Ou case. O que si hai é un trama complexa e moi coidada, personaxes de carácter ben marcado, conversas agudas e intelixentes, e xiros absolutamente inesperados. Deses que te deixan cos dentes afiados, goteando e pedindo máis

Só pola fermosa música de cabeceira, xa paga a pena vela.
A disfrutala!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d