Dinovember. Así se chama a idea. 30 días de Novembro, e unha foto diaria para convencer aos rapaces de que os seus pequenos dinosaurios de xoguete volven á vida cada noite mentres eles durmen. Non quero imaxinar as risas que se botaron os autores ideando os escenarios. Un espectáculo!
|
Urxencia no baño? |
|
A fuga |
|
Nada como unha boa peli |
|
Váiselles das mans |
|
Asalto nocturno á cociña |
|
Axudando cos deberes |
|
Interrogando a un sospeitoso |
|
Tarefas do fogar |
Esta só é unha mostra do que pasaba cada noite durante eses 30 días do mes. Podedes ver a colección enteira en (clic)
30 Days of Dinos.
Todo un prodixio de imaxinación e de creatividade, para lograr algo fermoso que nunca deberamos esquecer, nin de nenos nin de maiores: a extrema importancia de xogar, de imaxinar, de soñar, e de contar historias para sobrelevar mellor a vida.
Como diría Sergio, certo amigo noso:
Buaaaah, que rayada! :)
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por comentar!