Saltar ao contido principal

Freddie Mercury e a Descolonización

Nin era británico nin se chamaba Freddie Mercury. O seu nome real era Farrokh Bomi Bulsara, e era fillo de hindúes dos da India, aínda que en realidade a súa familia descendía de persas refuxiados por motivos relixiosos. Iso explica que en realidade tivera máis pinta de oriental que de british. O pai de Mercury traballaba como funcionario do goberno británico na India, a principal colonia do Reino Unido, ata que un día o destinaron a Zanzíbar, unha pequena illa da actual Tanzania, na costa leste de África. Máis ou menos por aquí: 

Google Maps




Naquel Protectorado do Reino Unido nacería o futuro cantante de Queen. En concreto, na casa que vedes na imaxe inferior. Era 1946, acababa de rematar a 2ª Guerra Mundial, e faltaba moi pouco para que as colonias lograsen por fin a súa independencia das potencias europeas. A de Zanzíbar lograríao en 1963, apenas tres anos despois da famosa Resolución nº 1.514 da ONU, na que esta animaba ás colonias a proclamar a súa independencia. Por iso, aínda que estudou nun internado na India, a vida de Mercury estivo ligada a esta casa na pequena illa africana, á que retornou con 18 anos. E da que tería que marchar con esa mesma idade.

Vía Wikipedia

Coa Revolución a vida en Zanzíbar fíxose perigosa para os funcionarios británicos como o seu pai. E ese foi o motivo (a descolonización) polo que toda a familia se mudou a Inglaterra, abandonando así a colonia para instalarse na metrópole. Nela, xa adulto, seguirá practicando as cousas que desde os 8 anos lle ensinaran no seu internado colonial:  piano, coro, teatro... En fin, todo iso que sempre alimentou a sensibilidade e a creatividade nas persoas, pero que hoxe lles importa un pemento aos que nos deseñan os sistemas educativos.  E a base de enxeño, traballos esporádicos para pagarse os estudos de Deseño Gráfico (el mesmo deseñaría o logo da banda), e a amizade con algúns músicos, pouco a pouco a súa historia pasaría a converterse na historia de Queen.

http://www.youtube.com/watch?v=zgcHuq3sk2g
Vía

Onte fixo 22 anos do día en que Freddie Mercury se foi. Boa escusa para escoitar The Show Must Go OnInnuendoI Want To Break FreeBohemian Rhapsody ou calquera deses temas  míticos que el sabía interpretar como a bestia que era dos escenarios. Tan estravagante, tan teatral e tan moderno, que aínda hoxe o resulta, dúas décadas despois dos seus enormes éxitos coa banda Queen.

 Como el mesmo cantaba, xa enfermo e intuíndo que lle quedaba pouco
(Clic na súa foto para ver vídeo)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d