Saltar ao contido principal

Cal é o Terceiro Mundo?

Sabedes que é isto? 


Chámanlles "concertinas", e é o sistema de defensa escollido polo goberno de España para rematar os muros de 6 metros de altura que separan Ceuta e Melilla do resto do territorio africano. O que sobresae do cable de aceiro non son púas, senón coitelas extraordinariamente cortantes, moi similares as que se usan para afeitarse. Pasalas é practicamente imposible e por iso explican que as elixiron como barreira: para que ao velas, ninguén se achegue. E si, é certo: ningún de nós, coa vida que temos, se atrevería a poñer unha man para aí. Pero para un inmigrante desesperado, as cousas son moi diferentes. 


Esta fotografía de Sergio Caro retrata os efectos da concertina nunha persoa. Síntoo se vos resulta desagradable, pero paréceme que fala por si soa. E non porque doa só con vela; senón porque deixa totalmente claro que ningún muro, nin sequera con "concertinas" ou coitelas, servirá nunca para deter a necesidade de cruzar, de mellorar, ou simplemente de salvar a túa vida.

Lembrades o Muro de Berlín, e aquela canción sobre a morte de Peter Fechter?
"Piensa que la alambrada sólo es un trozo de metal...
Algo que nada puede detener tus ansias de volar!
Libre! (...)"
Dádesvos conta? Alegrámonos de que caese o muro alemán, pero en cambio xustificamos e poñemos coitelas neste outro... Será a única solución para controlar unha inmigración masiva? Ou será que somos algo hipócritas e egoístas cando opinamos sobre as cousas? Vós diredes.

Comentarios

  1. Anónimo25/11/13

    Estás resentido!!!.. eh Miguel!!

    ResponderEliminar
  2. Jajaja!
    Resentido por que? Estou apenado por sermos así. E conste que emprego a 1ª persoa do plural; é dicir, inclúome.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo8/12/13

    En novembro de 2007, o entón delegado do Goberno na cidade, José Fernández Chacón, anunciou a retirada desta armazón de arame que coroaba o valo e a instalación dun novo sistema "menos lesivo e máis seguro".
    A eliminación da concertina foi posible grazas á construción do que entón se denominou como o terceiro valo, a sirga tridimensional, un obstáculo do que no seu momento se asegurou que era único no mundo. O Goberno investiu entón na construción desta sirga e a mellora do valo, cuxa altura foi elevada dos 3 aos 6 metros, máis de 30 millóns de euros. Non obstante, hai un par de meses,afirmábase que esta sirga pasara de ser "un valo infranqueable" a converterse nun elemento que facilitaba a entrada dos inmigrantes.
    As imaxes facilitadas pola Garda Civil tras a entrada masiva do pasado 17 de setembro corroboran esta hipótese. Nesas imaxes, gravadas polas cámaras de seguridade instaladas no propio valo, apréciase como en apenas segundos os inmigrantes logran cruzar dende Marrocos a Melilla, deixando sen capacidade de resposta ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas polo comentario, e tamén por aportarnos esa noticia, que non deixa de ser outro punto de vista.

    Efectivamente, o pasado 17 de setembro uns 200 subsaharianos tentaron cruzar (e moitos conseguírono) a triple barreira defensiva en Melilla. Nesa zona en concreto non hai concertinas senón dous valos de 6 metros de altura; e no espazo intermedio, está a famosa sirga tridimensional, unha tupida rede de cables de aceiro de 3 metros de altura que se instalou hai anos como método para tratar de impedir o tránsito en caso de que se lograse saltar a primeira barreira. Precisamente a sirga debía ir colocada diante desa primeira barreira (e non detrás), como primeiro obstáculo a salvar, pero o goberno de Marrocos presionou ao español, e este acabou pasándoa ao lugar no que agora está.

    Nestes días, a presión sobre ese punto está a ser tan grande que ningún método disuasorio dos previstos (sirga, concertinas ou valos de 6 metros de altura!) serve como freo real contra a entrada ilegal de persoas. O 17 de setembro foron 300 persoas á vez as que intentaron pasar a fronteira, e un dos valos acabou dobrándose baixo o peso de tanta xente. O 20 de novembro xa non foron 300 senón uns 1.000 inmigrantes os que se dirixían, de noite e ben organizados, cara a fronteira, sendo disuadidos tan só pola intervención conxunta da policía marroquí e da Garda Civil.

    A Historia ensínanos que todos os muros son etnocéntricos (egoístas), inhumanos (insensibles cos problemas dos outros) e inútiles (inservibles). De aí a expresión "Muro da vergoña" que, lonxe do que se adoita pensar, non é aplicable só aos muros dos outros, senón a calquera muro. Tamén aos nosos. Porque, uns e outros, ao final, non son máis que a expresión física da incapacidade humana para resolver os confitos e as desigualdades. Entendo a necesidade de regular o tránsito de persoas entre países, pero non comparto esta forma de facelo.

    Non culpo a ninguén en particular, e moito menos aos melillenses ou ás forzas de seguridade que loitan por aplicar alí leis que eles non fixeron. Culpables somos todos. Pero se, como di o coronel Villaseñor, "esto es un monumento a la sinrazón y ningún melillense puede sentirse orgulloso de él", e todos os sectores sociais desaproban a crueldade dese muro, ao mellor é que temos que repensar que somos ou que queremos ser. O mellor temos que pensar se queremos que un pequeno tapón sanguento sexa a nosa relación máis coñecida con África.

    Por último, a concertina só é a punta do iceberg. É fría e cortante, e asusta vela, pero o problema real non é ese. O problema é o feito de erguer un muro para illarnos e esquecernos do que pasa tras el. O fracaso é non entender que os muros, na Historia Contemporánea, nunca resolveron os problemas, senón que tan só os fixeron máis grandes e visibles. A vergoña é pensar que pensaríamos dese muro se fósemos nós os que estivésemos ao outro lado. O problema, ao final, é que os humanos non estamos feitos para resignarnos á desesperación . E a desesperación non se dobrega ante muros, nin concertinas, nin homes armados, nin barreiras de formigón, nin valos electrificados, nin tan sequera ante un mar infestado de tiburóns. Por iso, con concertinas ou sen elas, o problema seguirá existindo (e a vergoña tamén) mentres non nos interesemos realmente por solucionar a desperación nos países do sur.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo8/12/13

    La polémica de las concertinas en la valla de Melilla ha provocado que muchos hayan fijado la vista, aunque sea por un instante, en el problema que España tiene con la inmigración irregular en las dos ciudades autónomas. Un fenómeno que es mucho más grave en Melilla, la segunda puerta de entrada de todo el mapa español para cientos de sin papeles, por la que ya han entrado más de 16.000 inmigrantes irregulares desde 2002. Once años de altibajos en la presión migratoria que hoy por hoy, vuelve a estar en uno de sus momentos más álgidos.

    A Melilla sólo la supera en la actualidad el Estrecho, aunque a corta distancia. El año pasado, según las estadísticas oficiales del Gobierno, llegaron ilegalmente a la ciudad autónoma 2.186 inmigrantes, más del 60% de los que lo hicieron desembarcando en patera en las costas andaluzas (casi el 80% si se incluye también Ceuta). Pero esas cifras ya son historia porque Melilla, a falta de contabilizar los datos de diciembre, ha vuelto a superar por cuarta vez consecutiva el número de inmigrantes que entraron de forma irregular el año anterior.

    En los 11 primeros meses de este difícil 2013 se han contabilizado 2.273 sin papeles. Casi un 4% más que en todo el año pasado, un aumento que seguramente se habría disparado si Marruecos no hubiera arrimado el hombro y si España no hubiera reforzado el dispositivo de la Guardia Civil en la valla, que desde finales de mayo tiene de forma permanente un helicóptero sobrevolando el perímetro cada noche y un par de grupos de antidisturbios llegados de la Península.


    Dime como piensas parar estoo??

    ResponderEliminar
  6. Non penso! Por dúas razóns.
    Primeiro, porque eu non son o goberno da cidade, nin do país, nin da Unión Europea. Sabios ten o tema, e hai xente á que lle pagamos para que solucione problemas coma este da maneira máis efectiva, intelixente e digna posible. Non me corresponde a min facer propostas nin decidir cal é esa forma.
    E segundo, porque isto (como trataba de explicar no comentario anterior), nos guste ou non, non o pode parar ninguén. Durante moito tempo os gobernos do Norte apropiáronse do Sur, dedicándose a esquilmalo no seu exclusivo beneficio. E agora, como é obvio, os que alí nacen, nun entorno tan hostil que aquí apenas podemos imaxinalo, pregúntanse por que diantre non poden ter dereito, como os demais, a currarse unha vida digna.

    O que si podo (debo) facer, como cidadán, é pensar acerca do que me gusta ou non me gusta, e formar a miña propia opinión acerca das cousas que pasan. Igual que fai o periódico El Mundo (de onde procede o teu texto), ou ABC, ou o Coronel, ou o Ministro, ou mesmo ese subsahariano que quere cruzar (que tamén a ten).

    Pero como digo só é unha opinión. Que non vale máis nin menos que a dos demais.

    ResponderEliminar
  7. Anónimo8/12/13

    Con respecto ao que lle dixeches ao outro rapaz:

    Por suposto que cada quen pode formular a súa opinión acerca das cousas que pasan,e tamén estou de acordo en que ningunha vale mais ou menos comparada con outra, pero non estou de acordo cando afirmas que nada pode frear a inmigración (ilegal). Na miña opinión si que se pode, por exemplo no muro de Berlín as persoas que escapaban se lles disparaba, ou cando escapaban pisaban unha mina(polo tanto había campos de minas). En realidade creo que hai medios para parale se non é total é parcialmente, pero eu diría que podemos freala a un (95%).

    Evidentemente isto que cito non é ético, a min non mo parece (pero hai a xente que sí, como a historia demostra).

    Simplemente digo que poder para creo que se pode, pero que non sería ético nin lóxico (para a aplastante maioría da sociedade).

    ResponderEliminar
  8. Anónimo8/12/13

    Simplemente digo que poder, (creo) que se pode. (tiven unha errata, non repasei o texto)

    Ver:

    http://www.dw.de/el-muro-de-berl%C3%ADn-un-asunto-del-presente/a-2233106-1


    http://es.wikipedia.org/wiki/Muro_de_berlin#Los_a.C3.B1os_del_muro

    http://www.nytimes.com/2010/04/24/us/politics/24immig.html?ref=us&_r=0 (está en ingles) (non paga a pena que o mires é un artigo sobre unha lei de inmigración en Arizona)

    ResponderEliminar
  9. Si, claro que se pode deter ás persoas con medios como minas, disparos e armas de fogo. Por suposto que si. Podes matar a toda persoa que se achegue a o valo. A unha, a dúas, a dez, se cadra a mil. Pero non soluciona o problema. Como non o solucionou en Berlín (de feito non é o muro o que esperta admiración, senón o valor daquelas persoas que loitaron por saltalo ou facelo desaparecer), nin o soluciona tampouco en Cisjordania. Se xa o uso de concertinas me parece unha vergoña, imaxínate chegar a ese extremo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d