12/05/13

Aventura Cíes

12/05/13

Foi unha gozada de día. O que demostra que non importa o tempo que faga. Senón só a boa compaña e as ganas de ver, aprender e facer cousas novas. Non sei se foi a fermosa paisaxe, ou as longas camiñadas entre faros e areais, ou se a herba de namorar tería algo que ver. Descoñezo se foi comer o bocata entre tantos amigos, ou quizais pegarse un baño na mellor praia do mundo. Ou tal vez a música e as coreografías na cuberta do barco... Non sei que vos gustou máis. En todo caso, escollede a vosa razón, e acordádevos deste día cada vez que o necesitedes na vida

Espero que o vídeo vos deixe un sorriso
E que as Cíes xa non sexan máis un tesouro alleo para vós.
Clic na imaxe!

Recibe os contidos no teu correo

5 comentarios

  1. Cara ao final, é difícil non sorrir seguido, mentres ves o vídeo... Se nos gravasen a cada un véndoo, estou seguro de que daría para unha magnífica 2ª parte.

    E quen sabe... Quizais nela collería tamén "A incrible Historia do Gato dos Sete Nomes", e outros moitos bos recordos que non colleron neste vídeo, pero que sei que terán un xeneroso oco na vosa memoria. :)

    ResponderEliminar
  2. marisa13/5/13

    Que guapo quedou o vídeo e que excursión tan bonita que seguro recordaredes sempre porque debeu ser un día precioso ainda que non axudara moito o clima, pero ainda así pódese ver que mereceu a pena.
    ¡xa teño gañas de ir!

    ResponderEliminar
  3. :) Grazas!
    A viaxe merecíao! O caso é que agora non logro quitarme toda esa música do barco da cabeza! Socorro!

    ResponderEliminar
  4. Un sorriso e os que fagan falla Miguel, moitas grazas polo vídeo que quedará para o recordo, pero sobretodo por facérmolo pasar así de ben, e disfrutar aprendendo!

    ResponderEliminar
  5. Grazas, Diego! Estudade duro. E na próxima facemos entre todos outro vídeo para o recordo.
    Ánimo. Queda pouco!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK