Saltar ao contido principal

Zombies nas Carolinas

Que pinta esa especie de labazada alemana na cara dun rei español? 

En 1897 o mundo era The Walking DeadHabía moito zombie famento de territorios, e España era un imperio en farrapos con golosas colonias sobre as que botarse (as últimas). Cuba era unha delas, e Estados Unidos era o zombie máis interesado. Varias veces tentaron comprala, pero os españois non fixeron moito caso. Así que en 1898 os estadounidenses pasaron a un provocativo plan B:
-Mandamos un acorazado de guerra, poñémolo en fronte da illa, e a ver que fan... 
Nada. Nin mu. É máis: fixéronse amigos. Por iso estrañou tanto que unha noite, sen vir a conto de nada, mentres había baile na illa, e cos españois máis quietos cá unha pedra, o barco estoupase en mil cachos. 256 mortos, contáronse. Estados Unidos declarou a guerra a España, e en dous telediarios perdemos os poucos territorios de ultramar que nos quedaban. De aí a frase Más se perdió en Cuba... unha especie de Malo será!, pero en castelán.

E agora, o que nos trae. Esa moeda é española, duns anos antes do relatado, e circulaba nas illas Carolinas e Marianas, no océano Pacífico. Tras o de Cuba, que implicou tamén a perda de Puerto Rico e de Filipinas, esas illas eran o único que quedaba. Tan único, que non había nin barcos para defendelas. Por iso, España viuse abocada a vender. Polo menos sacaría algo por elas. E aí é onde aparece un novo zombie: Alemaña. Por 25 millóns de pesetas, as Carolinas e as Marianas foron papadas polo zombie alemán. E como testemuño histórico daquilo, todas as moedas españolas en circulación nas illas foron marcadas con esa labazada circular sobre o rostro infantil de Alfonso XIII (avó do actual Rei). Nela, como vedes, aínda pode lerse: 

W.II.KAISER.KRLNSN. 
(II Imperio Alemán, Emperador Guillermo II)

Lección 1: a Historia está en todas partes...  Mira.
Lección 2: a Historia é circular: sempre gañan os zombies... Para que ver The Walking Dead?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!