Saltar ao contido principal

Ratas a bordo

Hoxe fai xusto un ano. Do barco, do pánico e da rata.


Eran as nove da noite. Un mamotreto flotante de 300 metros de eslora (tres campos de fútbol), movíase torpe e pesado, con máis luces cá unha árbore de Nadal, fronte á illa de Giglio, na costa italiana. Os pasaxeiros, máis de catro mil (o dobre que no Titanic), repartíanse a esas horas entre os 5 restaurantes, 13 bares, 4 piscinas, o ximnasio de dous pisos, o salón de teatro ou os 1500 camarotes do barco. Se é que a algo así se lle pode chamar barco. En cuberta, algúns pasaxeiros comentaban entre asombrados e inquietos o preto que se vía a costa, as casas e o pequeno porto da illa. Aínda que colosal, a sensación que compartían era a dun perigo evidente e innecesario. E de repente, sentiron un golpe estraño.

Pouuum... Sonou ronco, rudo, grave. Ao pouco, infórmase (vídeo AQUÍ). Non pasa nada señores, un erro eléctrico, sigan gozando do cruceiro... E no tempo que os máis cautos tardaron en ir por un chaleco salvavidas, o mastodonte de luces comezou a escorarse pesadamente, inclinándose sobre o mar coma unha besta ferida. Coa auga colándose polos sesenta metros de fenda aberta no casco. A partir de aí, o pánico. Berros, sinais de emerxencia, caras desencaixadas e catro mil pasaxeiros correndo e empurrándose ao bruto para lograr meterse nun bote e abandonar aquilo. Igual cá no Titanic, salvo algún traballador amable, nin un mariño, nin un oficial, nin un protocolo de actuación, nada que achegara aquela especie de Sol Meliá a un barco de verdade... Quizais porque un cruceiro nunca é un barco de verdade.

E aquí vén o didáctico. Porque mentres isto sucedía, coa xente soa e asustada lanzándose ao mar, o comandante do porto, estrañado pola falta de contacto co capitán (responsable da manobra, do navío e das catro mil vidas a bordo), entérase de que este non está no barco. Incrédulo, insiste en chamalo, e cando por fin logra contactar co capitán déixanos esta impresionante gravación. Que, máis aló da bronca, ensina por si soa o significado da palabra responsabilidade, e o significado da expresión fuxir como unha rata. Para escoitar, clic na imaxe ou AQUÍ.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!