Saltar ao contido principal

"La Ola mola"

Subía para 3ºB algo apurado. Pasaban tres minutos da hora, e xa tiña que estar na clase.
-¡Ahí viene, ahí viene!, escoitei ao lonxe, desde o piso de arriba.
¡Broooooooooummm! Tremeu o solo. E tremín eu.
Parecía un terremoto.
Pasos, mesas e cadeiras sonaron nun estrondo infernal.
Imaxinei un tsunami.
Seguín subindo, un pouco asustado (para que mentir).
De repente, silencio... Apenas un rumor.
Asomeime con coidado ao marco da porta.
Case vinte camisas brancas mirábanme en silencio.
Agora parecía unha ola.
-¡¡Buueeeeeeeeenos días, señor Abraira!!!  Brooouummm.(saúdo).
Non, non parecía... Aquilo Era La Ola.



Creo que todos quedamos impresionados por "La Ola". Algúns por primeira vez, e outros unha vez máis. E sabedes que? Espero que a recordedes sempre. A película, o contido, e a lección. Sei que o faredes. Como eu recordarei sempre este día de Rock in the high-school, e esta foto. E é que, como dixo Marga, "La Ola mola"... 

Comentarios

  1. Anónimo24/1/13

    3ºB mola,somos la ola del San Paio la ola que nunca se acaba.A que somos wais...

    ResponderEliminar
  2. Anónimo24/1/13

    Onte a última hora vexo as miñas compañeiras gritando y todas ilusionadas, avisanos de que mañá (hoxe)habrá que vir de branco cuns pantalóns vaqueiros para retresentar a La Ola e demostrarlle ao profesor o atentos que estamos e o moito que nos gustou, menos uns cantos que non lles apetecía demasiado, todos viñemos hoxe coa camisa branca, e realmente, estibo moi ben.

    ResponderEliminar
  3. A verdade é que estivestes moi, moi ben!
    Xa me vingarei, xa...

    ResponderEliminar
  4. Anónimo25/1/13

    con que con suspendernos, nooooooooooooooooooooooo...

    ResponderEliminar
  5. Alumna 3ºB25/1/13

    Fueron muchas risas al tener que levantarnos y tener que saludar haciendo el saludo de "La Ola". Nos encantó la película o por lo menos a la mayoría de la clase.

    ResponderEliminar
  6. Anónimo25/1/13

    Gran película e gran profesor.

    ResponderEliminar
  7. Anónimo25/1/13

    Este e o comentario interesante de Noelia G para que Don Miguel estexa contento e logo non se queixe de que temos o Blog abandoado,bicos.

    ResponderEliminar
  8. Noelia Pino25/1/13

    Encantounos esta pelicula deberias poñernos outra tan emocionante como esta, e por certo saimos moi guapos na foto XD

    ResponderEliminar
  9. Pero que ben vervos! E que majo é Anónimo, cantos comentarios! :)

    Fóra bromas, como di Noelia G, estou moi contento. Pero non só porque vos animárades a escribir aquí (sempre digo que os vosos comentarios melloran o blog, pero, comentedes ou non, quérovos igual)... Senón pola ilusión que puxestes na sorpresa, polas risas do momento, por enviarme a foto, e sobre todo, porque me sinto moi moi a gusto compartindo as clases de Xeografía con vós. E tamén con 3ºD! ("Eses anarquistas de aí abaixo!", que dirían na película).

    Vexo que a peli vos chegou, e ese era o obxectivo.

    Tal e como propón Noelia P, pronto haberá outras sorpresas para aprender e compartir... JaJeJiJoJu!

    ResponderEliminar
  10. Samantha27/1/13

    Que recordos...! Aínda me lembro de esa película e desas clases... Parece que foron onte :)

    ResponderEliminar
  11. Ola Samantha!
    A min tamén mo parece! De feito, aínda podería entrar na clase e dicir onde sentaba cada un. :)
    E non sabes canto me alegra que sigades acordándovos delas. Grazas por dicirmo.
    Un abrazo forte.

    ResponderEliminar
  12. Silvia29/1/13

    Jo! Que boa idea tiveron! Eu tamén o lembro como se fose onte... Gran peli. Un abrazo!

    ResponderEliminar
  13. Almudena29/1/13

    Gran pelicula eu tamen me lembro da pelicula .

    ResponderEliminar
  14. Almudena e Silvia tamén! :)

    Bueno. Pois se vos gustou "La Ola", e vos apetece un impacto así, que vos chegue e vos faga pensar, pasemos ao nivel 2:

    Que pasaría se na vosa familia, comendo e vivindo con vós, houbese un neonazi?:

    A resposta, nunha das mellores e máis duras películas que veredes: "American History X".

    Cun Edward Norton que se come a pantalla. A bocados.

    ResponderEliminar
  15. Mariña ( creo que co nome chega)21/2/13

    A min tamén me encantou a película e agora tesnos que facer ese xogo que nos tes prometido :D
    Esperemos que nos volvas a sorprender con outra peli

    ResponderEliminar
  16. Eu tamén espero ser quen de volver a sorprendervos con algo novo na clase! O prometido é debeda... Xa queda menos!

    ResponderEliminar
  17. Hola profe, entre en tu blog para recordar lo impresionante que fue ese día y además original, no me puedo imaginar que pasara tanto tiempo desde entonces. Solo quería recordar lo excelente que eres como profesor. Espero que sigas así impresionando y que no cambies.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Acabas de facer que tamén eu regrese intrépido a esta entrada de hai xa tres anos para recordala... Que sorría e que recorra as vosas caras e lugares na clase. E, por suposto, Marga, acabas de facer que me invada un sunami de ganas de ir a por un día grande... agora ben, os que o fan impresionante, xa o sabes, sodes vós, como aquela mañá. Mil gracias. Abrazo osuno!

      Eliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d