Subía para 3ºB algo apurado. Pasaban tres minutos da hora, e xa tiña que estar na clase.
-¡Ahí viene, ahí viene!, escoitei ao lonxe, desde o piso de arriba.
¡Broooooooooummm! Tremeu o solo. E tremín eu.
Parecía un terremoto.
Pasos, mesas e cadeiras sonaron nun estrondo infernal.
Imaxinei un tsunami.
Seguín subindo, un pouco asustado (para que mentir).
De repente, silencio... Apenas un rumor.
Asomeime con coidado ao marco da porta.
Case vinte camisas brancas mirábanme en silencio.
Agora parecía unha ola.
-¡¡Buueeeeeeeeenos días, señor Abraira!!! Brooouummm.(saúdo).
Non, non parecía... Aquilo Era La Ola.
-¡Ahí viene, ahí viene!, escoitei ao lonxe, desde o piso de arriba.
¡Broooooooooummm! Tremeu o solo. E tremín eu.
Parecía un terremoto.
Pasos, mesas e cadeiras sonaron nun estrondo infernal.
Imaxinei un tsunami.
Seguín subindo, un pouco asustado (para que mentir).
De repente, silencio... Apenas un rumor.
Asomeime con coidado ao marco da porta.
Case vinte camisas brancas mirábanme en silencio.
Agora parecía unha ola.
-¡¡Buueeeeeeeeenos días, señor Abraira!!! Brooouummm.(saúdo).
Non, non parecía... Aquilo Era La Ola.
Creo que todos quedamos impresionados por "La Ola". Algúns por primeira vez, e outros unha vez máis. E sabedes que? Espero que a recordedes sempre. A película, o contido, e a lección. Sei que o faredes. Como eu recordarei sempre este día de Rock in the high-school, e esta foto. E é que, como dixo Marga, "La Ola mola"...
3ºB mola,somos la ola del San Paio la ola que nunca se acaba.A que somos wais...
ResponderEliminarOnte a última hora vexo as miñas compañeiras gritando y todas ilusionadas, avisanos de que mañá (hoxe)habrá que vir de branco cuns pantalóns vaqueiros para retresentar a La Ola e demostrarlle ao profesor o atentos que estamos e o moito que nos gustou, menos uns cantos que non lles apetecía demasiado, todos viñemos hoxe coa camisa branca, e realmente, estibo moi ben.
ResponderEliminarA verdade é que estivestes moi, moi ben!
ResponderEliminarXa me vingarei, xa...
con que con suspendernos, nooooooooooooooooooooooo...
ResponderEliminarFueron muchas risas al tener que levantarnos y tener que saludar haciendo el saludo de "La Ola". Nos encantó la película o por lo menos a la mayoría de la clase.
ResponderEliminarGran película e gran profesor.
ResponderEliminarEste e o comentario interesante de Noelia G para que Don Miguel estexa contento e logo non se queixe de que temos o Blog abandoado,bicos.
ResponderEliminarEncantounos esta pelicula deberias poñernos outra tan emocionante como esta, e por certo saimos moi guapos na foto XD
ResponderEliminarPero que ben vervos! E que majo é Anónimo, cantos comentarios! :)
ResponderEliminarFóra bromas, como di Noelia G, estou moi contento. Pero non só porque vos animárades a escribir aquí (sempre digo que os vosos comentarios melloran o blog, pero, comentedes ou non, quérovos igual)... Senón pola ilusión que puxestes na sorpresa, polas risas do momento, por enviarme a foto, e sobre todo, porque me sinto moi moi a gusto compartindo as clases de Xeografía con vós. E tamén con 3ºD! ("Eses anarquistas de aí abaixo!", que dirían na película).
Vexo que a peli vos chegou, e ese era o obxectivo.
Tal e como propón Noelia P, pronto haberá outras sorpresas para aprender e compartir... JaJeJiJoJu!
Que recordos...! Aínda me lembro de esa película e desas clases... Parece que foron onte :)
ResponderEliminarOla Samantha!
ResponderEliminarA min tamén mo parece! De feito, aínda podería entrar na clase e dicir onde sentaba cada un. :)
E non sabes canto me alegra que sigades acordándovos delas. Grazas por dicirmo.
Un abrazo forte.
Jo! Que boa idea tiveron! Eu tamén o lembro como se fose onte... Gran peli. Un abrazo!
ResponderEliminarGran pelicula eu tamen me lembro da pelicula .
ResponderEliminarAlmudena e Silvia tamén! :)
ResponderEliminarBueno. Pois se vos gustou "La Ola", e vos apetece un impacto así, que vos chegue e vos faga pensar, pasemos ao nivel 2:
Que pasaría se na vosa familia, comendo e vivindo con vós, houbese un neonazi?:
A resposta, nunha das mellores e máis duras películas que veredes: "American History X".
Cun Edward Norton que se come a pantalla. A bocados.
A min tamén me encantou a película e agora tesnos que facer ese xogo que nos tes prometido :D
ResponderEliminarEsperemos que nos volvas a sorprender con outra peli
Eu tamén espero ser quen de volver a sorprendervos con algo novo na clase! O prometido é debeda... Xa queda menos!
ResponderEliminarHola profe, entre en tu blog para recordar lo impresionante que fue ese día y además original, no me puedo imaginar que pasara tanto tiempo desde entonces. Solo quería recordar lo excelente que eres como profesor. Espero que sigas así impresionando y que no cambies.
ResponderEliminarAcabas de facer que tamén eu regrese intrépido a esta entrada de hai xa tres anos para recordala... Que sorría e que recorra as vosas caras e lugares na clase. E, por suposto, Marga, acabas de facer que me invada un sunami de ganas de ir a por un día grande... agora ben, os que o fan impresionante, xa o sabes, sodes vós, como aquela mañá. Mil gracias. Abrazo osuno!
Eliminar