Saltar ao contido principal

Constitucións Prostituídas

Chovía tamén, pero non era festivo. Tal día coma hoxe, un 6 de decembro de 1978, case un 90% de españois saíron do traballo para votar cun SI a aprobación da actual Constitución Española. Que, comparada coa ditadura de Franco, era algo así como "El Hobbit", o arco da vella ou como unha promesa de cabalgata de Reis. De verdade podemos ser iso? -deberon preguntarse os votantes.

34 anos despois, un 53% dos españois preguntados di NON estar satisfeito con ese texto ou co seu cumprimento por parte das autoridades públicas. Pero os mesmos políticos que a prostitúen, correrán aos micros a dicir que hoxe é un gran día e que temos moitos motivos para celebralo. E é certo: porque grazas a que cada día se parten o peito por cumprila, esa Constitución e os dereitos máis básicos que recolle no seu texto (a vivenda, o emprego, a educación, a sanidade, a xustiza social, a igualdade, a independenza xudicial, a liberdade de prensa...), están máis vixentes, actuais e seguros cá nunca... Ou era que non?

Chove tamén, e é festivo. Pero a min hoxe interésame outra Constitución española: a elaborada en Cádiz, en 1812. Que foi a terceira das que coñeceu o mundo, e a primeira coa que soñamos en España. E reléndoa, non podo evitar quedarme co seu artigo 13. Porque douscentos anos despois, encontro que nel segue a estar resumido o que o pobo quería en 1812, e segue demandando en 2012: 


De verdade haberá algún día un Goberno que entenda que o seu traballo consiste en lograr a Felicidade da Nación?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!