A arte é a mentira que nos permite comprender a verdade. P. Picasso.
A arte é a rebelión humana ante a malvada estupidez dos sucesos cotiás. A. Dolina.
A arte é Liberdade. Pero cando toma as rúas, ademais de libre e gratuíta, a arte pode ser sorpresa, cor, ironía, crítica, reflexión... ou simplemente recuperación dun espazo urbán degradado. Xa coñecíamos a Banksy, pero sorprende ver que o mundo está sementado doutros artistas urbáns. Alguén da máis?

Para mín, isto é arte, a diferencia doutras cousas.
ResponderEliminarOla David... aínda que non concretes moito, creo que intúo a que "outras cousas" te refires... Un abrazo!
ResponderEliminarOh, que chulas as imaxes! No noso cole, pintabamos imaxes no muro, conmemorando o dia das Letras Galegas, e eran tipo de esas, pero claro, non hai comparacion!!
ResponderEliminarPor algo se empeza, Silvia! Hai tanto muro que pintar! E, a verdade, non hai mellor lugar para comezar que no colexio... Bueno, si: o noso cuarto de cando eramos nenos! Se nos deixaran, claro... Ai, canto artista se perdeu!
ResponderEliminarNota: contrariamente ao que agora estades pensando... Non, a min non me deixaban pintar mapas de España nas paredes do meu cuarto cando era neno. Que hoxe me saian "tan ben" é... unha rara coincidencia. :)
Que orixinais!! son moi chulos e alegres, e hai en moitos sitios que farían falta en vez deses muros de hormigón tan sosos! ARTE!!!
ResponderEliminarJajaja, claro profe, os teu mapas de España dibuxados no encerado, son inolvidables, é un don de nacemento ;)
ResponderEliminarCada un o seu don, pero o arte hoxe en día ten que entrar pola vista, e non saír, para iso, hai que ter moita imaxinación.
ResponderEliminarImaxinación ao poder! Canto feísmo poderiamos eliminar da paisaxe cun pouco de coidado, sensibilidade ou imaxinación... Precisamente por sensibilidade (que non por imaxinación), será mellor que reserve ese meu don de nacemento só para os encerados. :)
ResponderEliminar